REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






jueves, 1 de diciembre de 2011

O NENO POPULAR



Había unha vez un neno que se chamaba Roberto. Roberto é alto e esbelto. Ten marxas na cara, marróns.Ten os ollos azuis e o pelo negro.

Acabábase de mudar a Vigo dende Madrid. Chegou ao C.E.I.P. Illas Cíes e non tiña amigos. El ía en 5º de primaria.

Ao día seguinte xa tiña uns cantos amigos. Chamábanse Iván, Lois, Sara, Lorena e Alexis.

Á semana seguinte era o neno máis popular do colexio, pero os seus pais non lle gustaba que fora o neno máis popular, porque quitaba moi malas notas nas asignaturas.

Entón os seus amigos enteráronse e planearon un plan. Sara dixo:

-Por que non lle axudamos nós?

Os nenos pensaron e dixeron á vez:

-Vale!

-Eu axudareino en mates - di Lorena.

-Eu en coñe - di Alexis.

-Eu en galego - di Lois.

-Eu en castelá - di Iván.

-E eu en inglés - di Sara.

Comezan a facer o plan e sáelles ben.

Agora, Roberto é un bo estudante, tira boas notas e pásao moi ben no colexio.

LORENA