REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






lunes, 20 de junio de 2011

UN DEBATE IMPROVISADO

Dentro do tema de Cidadanía “Xuntos podemos” xorde unha interesante pregunta:


  • Por que algunhas persoas sendo seres sociais buscan a soidade?


As distintas e variadas respostas que se foron dando, deron lugar a un debate. Estes son algúns dos motivos polos que algunhas persoas buscan a soidade:


  • Porque ten que haber algún momento de soidade. Óscar.

  • Porque pensan que son superiores pero, no fondo teñen un baldeiro interior. Amanuel.

  • Porque cren que poden solucionar os problemas eles sós ou porque son tímidos e senten vergoña do seu problema. Nuria.

  • Poden estar estresados. Santiago.

  • Podería ser porque de cativos os seus país non o sociabilizaran. Amanuel.

  • Desconfían dos outros, pensan que os poden traizoar. Javier.

  • Porque se valoran pouco. Juan/Alejandro/ Amanuel.

  • Para fuxir dos seus propios problemas. Laura.

  • Porque se sente incomprendido. Antón.

  • Porque non ten interese en colaborar cos outros. Javier.

  • Podería ter unha enfermidade depresiva ou un trauma. Alicia/Pablo.

  • Porque está enfadado. Antón.

  • Ten un mundo “aparte” e non quere que os outros participen dese mundo. Nuria.

viernes, 10 de junio de 2011

UN DÍA ESTUPENDO



O día 27 de maio, tres nenos colleron na praza América, un autobús ás oito da mañá, coa súa mestra. Estes tres alumnos chamábanse: Javier, Javi para para os amigos; Antón; e Nuria.



Dirixíanse á Coruña para participar na fase final do XI Rebumbio Matemático. Como ben di o seu nome, é un concurso de matemáticas, no que previamente superaran a Fase de Zona.




Xa no Forum Metropolitano (A Coruña), déronlles unha explicación de como ía ser o resto de día. Unha vez acabada a explicación, dirixíronse a facer a proba. Mentres, a súa profesora e os outros mestres do resto de colexios fóronse a dar unha volta polo lugar.




Tras finalizar a proba, levaron a todos os participantes ao parque de Santa Margarita. Alí, na Casa das Ciencias, a pesar de que non chegaron a entrar, ríronse moito co “ben” que falaba o inglés un dos monitores durante o resumo do que ían facer. Ao acabar a charla, dividíronse en grupos de quince alumnos máis os seus profesores, e un monitor. No parque, guiándose polos consellos do monitor e por un pequeno mapa, debían ir movéndose polo lugar. Tiñan que resolver as adiviñas e atopar as cousas que indicaba un libriño que se lles entregara. Que ben o pasaron!




Tras esa ruta polo parque de Sta. Margarita, leváronos a comer a un instituto de hostalería. Os nosos amigos Javi, Antón e Nuria, sentáronse cunhas nenas do Colexio Nacional de Eires. Que agradables eran! Todos comeron ata máis non poder. Comeron como reis e raíñas. Ao rematar, foron ao patio interior do instituto. Alí pasaron o rato ata que chegou o momento de marchar, de volta ao Forum Metropolitano.




No Forum, estiveron un rato na biblioteca. Logo, dirixíronse á entrega de premios, acompañados polos seu pais, que era o único momento do día no que podían estar con eles. Con tensión, esperaron o benedito dos xuíces. Javi, Antón e Nuria, quedaron de sétimos. Pero disfrutaron moitísimo dese día!!




Nuria Castro Suárez






miércoles, 8 de junio de 2011

AS AVENTURAS DE VALENTÍN


Valentín é un neno da nosa idade que traballa no circo, é un artista.

É un rapaz intelixente e moi espelido. Vive cada día unha chea de aventuras.

Valentín no Amazonas

Un día de verán Valentín e máis os seus pais fóronse ao Amazonas nun avión. Colleron o avión dende Santander que era onde estaba o circo.

Cando chegaron Valentín asustouse moito porque viu unha anaconda que viña hacia eles. Os seus pais e máis el correron para que non lles pillase. Pero a anaconda díxolles:

-Benvidos ao Amazonas,serei a vosa guía.

-Unha anaconda que fala! Ai deus.

-Tranquilos ,que quero ser a vosa amiga. Hoxe vouvos a axudar. Díxolles a anaconda.

-Vale,berraron a coro.

-Como te chamas? Preguntáronlle as tres persoas estrañadas co que estaban vendo.

-Chámome Esmeralda .E vós?

-Eu chámome Valentín e estes son os meus pais.

-A onde imos agora?

-Imos a estar por todo o Amazonas.

-Que,ben!

Encontráronse con outra anaconda chamada Cígora. É preguntoulle Valentín:

-Queres vir con nós?

-Si. Como non vou a estar con vós e a miña amiga Esmeralda.

Foron por toda Amazonas e os pais e Valentín decidiron quedarse a vivir con Esmeralda e Cígora para sempre.

ANXO PÉREZ CABALEIRO


VALENTÍN EN VIGO

Onte levei a Valentín a A Praza do Bicentenario, diante do monte Castro.

Para chegar, collemos o autobús. Polo camiño, fun respondendo e explicándolle as súas preguntas:

- Que é A Praza do bicentenario?
- É unha praza-rotonda feita de metal, que é ademais unha fonte.- contesteille.

- Vaia, esa praza ten e é de todo, verdade?

- Si, tés razón, Valentín.

- Por que se construíu?

- Para facer honor ao bicentenario da cidade. Hai “anuncios” por toda a cidade. Non os viches?

- Así é! É verdade, están por todo Castelao!

A última pregunta...

- Fixeron ben poñéndoa aí?


- Si, porque había moito lio nos cruces.


-Ah...

Ao baixarnos do autobús, ensineille a praza e logo dimos un paseo polo monte. Cando rematamos, faltaban trinta minutos para que chegara o autobús. Así que lle dixen:

- Apetéceche un xeado? Invito eu.

- Si, gracias.

E rematando o xeado, collemos o bús e volvemos a casa.

NURIA CASTRO SUÁREZ



VALENTÍN E O CIRCO

Un día Valentín estaba camiñando pola rúa cando viu unha carpa dun circo.

A Valentín pareceulle moi raro que houbera dous circos na mesma cidade; no que traballaba el e o outro.

Valentín acercouse á carpa do circo e descubriu que estaban en plena función. Había malabaristas, trapecistas, equilibristas, leos, tigres ….

Valentín observou que tiñan moitísimo público e cando acabou a función foi a saudalos. Valentín falou e falou co propietario do circo e conseguiu facer un trato. Se conseguía que houbera máis público no seu circo ó outro circo iríase.

Pasado un día empezou a súa función e conseguiu que viñeran a velo moitas persoas que superaron por unha persoa ao outro circo.

Ao final o outro circo foise e o circo de Valentín tivo o dobre de público.

JAVIER PÉREZ VÁZQUEZ


O MONSTRO DO CAMPING

Un día, Valentín foi a pasar unha semana no cámping da cidade, pero non sabía o que lle ía pasar, porque todos dicían que nese cámping había un monstro malvado que se comía a todos os que o visitaban, e por iso agora estaba abandoado, pero as instalacións conservábanse ben.

Por iso, Valentín, disposto a pasar un bo rato sen gastar diñeiro, decidiu pasar unha semana no cámping, e, como era moi valente, descubrir se o monstro era real ou era alguén disfrazado.

Cando levaba alí tres días,empezou a escoitar un corpo arrastrándose, e viu que era un crocodilo. Cando o réptil marchou, el seguiuno, e viu que so quería asustar ás persoas para que el e a súa familia de crocodilos puideran vivir en paz. Ao final non había ningún monstro!

ANTÓN RAJOY RECONDO