REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






lunes, 9 de febrero de 2015

TRANSFORMÁMONOS EN "MERDEIROS"

Antes do venres, 6 de febreiro non sabiamos nada do Merdeiro de Vigo. Agora, despois dunha charla que nos deron uns merdeiros profesionais, con demostración incluída podemos dicir que estamos instruídos  no tema.





O merdeiro é un personaxe do Entroido tradicional vigués. Ten a súa orixe nunha burla que facían os mariñeiros aos labregos aló polo século XIX e principios do XX.

Todos os compoñentes do traxe do merdeiro veñen sendo unha burla aos labregos que por aquel entón adicábanse   ao  “escabiche”.








Así é o disfrace:

-Carauta fea con pelo de lá de ovella.

-Pucho ou gorro feitos con tea mal cosida.

-Pantalón branco.

-Camisa branca e por fóra, descamisados.

-Chaleco  con debuxos de animais ou da natureza no lombo.

-Faixa por riba da camisa arredor da cintura, en recordo da que tiñan que pór os labregos para coller pesos e agacharse sen eivarse.

-Zapatóns de madeira.

-Polainas para  non enlixar os pantalóns.

-Feixes de verzas, cebolas. Allos …. En recordo do farol que levaban os escabicheiros.

-Pau e pano mollado en escabiche (agora levan fariña)




















O que máis me gustou do merdeiro de agora é que vai facendo bromas aos que pasan, xa non pegan nin te botan o pano “cheiroso”. Pódense ver polas rúas do Casco Vello ao longos dos días de Entroido, eles non van no desfiles das comparsas. Xa non meten medo. Resultan divertidos!



                                                                                         
Disfrazarse de merdeiro non só é divertido, tamén é  peculiar porque os merdeiros poden gastar bromas correndo detrás da xente e eles son intocables. Vaia chulería!!!!!
Ah, algúns de nós puidemos probar a equipación de   merdeiro que, por certo, molou un montón.