A min gústame o barco, o que no me
gusta é a súa ubicación. Creo que un barco queda mellor nunha zona que estea
máis preto da auga.Óscar Acuña
Un barco pesqueiro debe estar no mar, non nunha rotonda dunha avenida.Ademais
ocupa moito espazo e tivo un custo importante.
Alejandro De Torres
Paréceme ben que o barco estea na rotonda, aínda que é un pouco grande.
Encántame que a popa apunte ao meu colexio. Jorge
Ten bastante colorido e agora forma parte do colexio. Hugo
O bo do barco é que é bonito. Non comprendo por que cambiaron a rotonda.
Óscar Sánchez
Non me gusta nada. É moi grande, as cores son moi escuras e penso que non o
terían que pór aí porque é moi feo. Valeria
Antes estaba bonito. O barco é horrendo. Nicole
Gústame que puxeran este barco porque Vigo é un porto pesqueiro e queda
xenial á carón do noso cole. Alejandro Teira.
O barco debería estar nunha praza preto do mar. O mar está lonxe. É coma se
poñen un invernadoiro no medio do mar. Adriana