Para celebrarmos o día da árbore na escola, entre todos os da clase, fixemos unha árbore decorativa para pór xunto coas doutros cursos no corredor do Atlántico do noso cole.
A nosa árbore é froito da nosa imaxinación,´é virtual, de existir tería por nome:
"ÁRBORE DA ALEGRÍA"
As árbores son importantes porque nos axudan a respirar un aire máis puro e suxeitan o solo cando vai temporal. Tamén serven de casa a unha chea de animais que fan que haxa un ecosistema equilibrado. As árbores son imprescindibles.
Un paseiño entre árbores resulta relaxante e contribue á nosa felicidade.
As árbores son un bo representante deste Planeta no que vivimos e poden vivir moitísimos anos.
En resumo, este día adicado á arbore ven sendo un gran día xa que fai honra ás árbores, fonte de vida do noso planeta Terra.
SARA - ÓSCAR - ICÍA MIN - ALEJANDRO