HISTORIA DUNHA MALETA
Había unha maleta na nosa aula de quinto de Primaria.
A maleta era grande e ben moderna e bonita. De cor fucsia, cun estampado de animaliños.O tamaño era axeitado coma para levar nun avión.
Pero... que tiña aquela maleta?
Se deixamos voar a nosa imaxinación... que é o propio dado a noa idade, poderiamos pensar...
... É unha maleta de mago, haberá maxia no día de hoxe?
... Estarermos nun aeroporto virtual e faremos unha viaxe?
... Terá roupa que é o que se acostuma a levar nas maletas?
... Será a maleta unha porta máxica para chegar a lugares impresionantes?
Pero non, aquela maleta tiña unhas letras ben grandes "COMICS" en cor azul.
É unha maleta con comics?
Pois si ... é unha maleta cheiña de comics moi pero que moi variados.
A ler!
Que diversión!
*EMIGRANTES
Cómic mudo con debuxos extraordinarios sobre a vida dun home que se vai a vivir a outro lugar.
*OS HOMES TRANSPARENTES
Historia duns mozos que van explorar un continente oculto no que os animais son xigantes.
hai monstros e uns homes transparentes que persiguen aos habitantes dunha tribu.
*O REI CATÁSTROFE
Trata dun neno mandón que é rei.Quere que a xente faga o que el di, ten ideas catastróficas.
*OS CENTOURIÑOS. A ODISEA
É un cómic interesante sobre a fantasía.
A súa lectura resulta entretida e divertida.
*LOS TRES CERDITOS
Non é o conto que todos coñecemos. Os porquiños cambian a súa historia.
Mola esta nova trama que salva aos animais que están en perigo.
*I 602
O que conta desenrólase na Idade Media En Inglaterra, España e Escocia de forma graciosa e moi entretida.
*TINTÍN, EL SECRETO DEL UNICORNIO
Misterioso pola intriga do barco Unicornio.
*OS AMIGOS DE ARCHIMBOLDO ROQUE
O protagonista tiña unha chea de amigos e cada un deles ten unha historia rara, rara.
Sempre remata coa frase: "No mundo hai moita xente e cada un é como é"
*GOLFIÑO E OS INVASORES
Golfiño é un policía que cre todo o relacionado co Cosmos, sexa verdade ou non.
*A NOITE DE SAMAÍN
Historia dos Celtas que lle rouban a palabra Samaín aos irlandeses e a palabra noite aos romanos.
*EL PEQUEÑO OLAF
É a historia dun neno que estaba na casa porque chovía moito. Cando escampou, saiu fóra e cando perseguía a un paxaro atopouse cunha toupeira. Empezaron a discutir...
*E... moitos máis... ata 24.

A NOSA VALORACIÓN
-Esta xornada de comics encantoume. Gustáronme todos porque eran moi graciosos. JONÁS
-O cómic é fascinante porque así lemos moito e prestamos máis atención á lectura porque nós é máis fácil. NICOLE
-Foi superxenial esta xonada de comics. Gustáronme todos. Espero que se repita. HUGO
-Ler e ver tanto cómic xunto pareceume unha experiencia moi agradable. RAQUEL
-É moi bo ler todo tipo de libros. Gústame ler comis e isto gustoume aínda máis pola variedade que había. ICÍA
-A xornada de comics permitiunos ler moitos e moito durante bastante tempo. Coñecimos novos comics. ADRIANA
-Uns comics gustáronme máis ca outros, había onde escoller. Ao final quedei empachada de tanto cómic. IRINA