REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






viernes, 21 de marzo de 2014

DÍA DA ÁRDORE

Para celebrarmos o día da árbore na escola, entre todos os da  clase, fixemos unha árbore decorativa para pór xunto coas doutros cursos no corredor do Atlántico do noso cole.
A nosa  árbore é froito da nosa imaxinación,´é virtual,  de existir tería por nome:
"ÁRBORE DA ALEGRÍA"
As árbores son importantes porque nos axudan a respirar un aire máis puro e suxeitan o solo cando vai temporal. Tamén serven de casa a unha chea de animais que fan que haxa un ecosistema equilibrado. As árbores son imprescindibles.
Un paseiño entre árbores resulta relaxante e contribue á nosa felicidade.
As árbores son un bo representante deste Planeta no que vivimos e poden vivir moitísimos anos.
En resumo, este día adicado á arbore ven sendo un gran día xa que fai honra ás árbores, fonte de vida do noso planeta Terra.
SARA - ÓSCAR - ICÍA MIN - ALEJANDRO

jueves, 13 de marzo de 2014

A "BIBLIOMALETA" " DOS COMICS

HISTORIA DUNHA MALETA

Había unha maleta na nosa aula de quinto de Primaria.
A maleta era grande e ben moderna e bonita. De cor fucsia, cun estampado  de animaliños.O tamaño era axeitado coma para levar nun avión.
Pero... que tiña aquela maleta?
Se deixamos voar a nosa imaxinación... que é o propio dado a noa idade, poderiamos pensar...

... É unha maleta de mago, haberá maxia no día de hoxe?
... Estarermos nun aeroporto virtual e faremos unha viaxe?
... Terá  roupa que é o que se acostuma a levar nas maletas?
... Será a maleta unha porta máxica para chegar a lugares impresionantes?


Pero non, aquela maleta tiña unhas letras ben grandes "COMICS"  en cor azul.
É unha maleta con comics?
Pois si ... é unha maleta cheiña de comics moi pero que moi variados.


A ler!

Que diversión!

*EMIGRANTES
Cómic mudo con debuxos extraordinarios sobre  a vida dun home que se vai a vivir a outro lugar.

*OS HOMES TRANSPARENTES
Historia duns mozos que van explorar un continente oculto no que os animais son xigantes.
hai monstros e uns homes transparentes que persiguen aos habitantes dunha tribu. 

*O REI CATÁSTROFE
Trata dun neno mandón que é rei.Quere que a xente faga o que el di, ten ideas catastróficas.

*OS CENTOURIÑOS. A ODISEA
É un cómic interesante sobre a fantasía.
A súa lectura resulta entretida e divertida.

*LOS TRES CERDITOS
Non é o conto que todos coñecemos. Os porquiños cambian a súa historia.
Mola esta nova trama que salva aos animais que están en perigo.

*I 602
O que conta desenrólase na Idade Media En Inglaterra, España e Escocia de forma graciosa e moi entretida.

*TINTÍN, EL SECRETO DEL UNICORNIO
Misterioso pola intriga do barco Unicornio.

*OS AMIGOS DE ARCHIMBOLDO ROQUE
O protagonista tiña unha chea de amigos e cada un deles ten unha historia rara, rara.
Sempre remata coa frase: "No mundo hai moita xente e cada un é como é"

*GOLFIÑO E OS INVASORES
Golfiño é un policía que cre todo o relacionado co Cosmos, sexa verdade ou non.

*A NOITE DE SAMAÍN
Historia dos Celtas que lle rouban a palabra Samaín aos irlandeses  e a palabra noite aos romanos.

*EL PEQUEÑO OLAF
É a historia dun neno que estaba na casa  porque chovía moito. Cando escampou, saiu fóra e cando perseguía a un paxaro atopouse cunha toupeira. Empezaron a discutir...

*E... moitos máis... ata 24.

 A NOSA VALORACIÓN

-Esta xornada de comics encantoume. Gustáronme todos porque eran moi graciosos. JONÁS

-O cómic é fascinante porque así lemos moito e prestamos máis atención á lectura porque nós é máis fácil. NICOLE

-Foi superxenial esta xonada de comics. Gustáronme todos. Espero que se repita. HUGO

-Ler e ver tanto cómic xunto pareceume unha experiencia moi agradable. RAQUEL

-É moi bo ler todo tipo de libros. Gústame ler comis e isto gustoume aínda máis pola variedade que había. ICÍA

-A xornada de comics permitiunos ler moitos e moito durante bastante tempo. Coñecimos novos comics. ADRIANA

-Uns comics gustáronme máis ca outros, había onde escoller. Ao final quedei empachada de tanto cómic. IRINA


miércoles, 12 de marzo de 2014

SEMANA DA PRENSA

OS    PERIGOS   DE  INTERNET

Traballo realizado polo alumnado de 5º a partires das notas que tomaron nunha CHARLA/ COLOQUIO que veu dar LUIS, Inspector do Corpo Nacional da Policia, ao noso cole para todos os alumnos do Terceiro Ciclo de Pimaria.


Internet pode ser:  ¡¡PERIGOSO!!
Para menores de 14 anos que utilizan internet e que non teñen ni idea do que están a facer PODEN ESTAR EN PERIGO. O Whatsapp, facebook, tuenty, twiter… son exemplos de perigos de internet.
    Manteñan vixiados aos seus fillos porque poden falar con pederastas. Os pederastas queren manter relacións sexuais cos menores de idade. Esa xente está enferma. Pódeste suicidar por iso.
O que non debes facer:

Non fales con descoñecidos ni por internet ni en persoa.
Non ter redes sociais porque despois non as podes borrar.
Non poñer correo electrónico falso.
Non poñer na túa foto de perfíl algo relacionado contigo.
Non intercambiarse fotos que non son bonitas.
Non podes poñer fotos de amigos, veciños … sen seu permiso.
Non insultes porque es un delito. ¿Queres ir a carcel?.
Non poñer fotos túas en internet e menos en bañador e outras cousas que non débense enseñar …

O que si debes facer:

Ter máis de 14 anos para poder telo perfíl en facebook, tuenty, twiter …
Navegar por internet con seguridade.
Foto que subas a internet, foto que perdes para sempre.
Os pederastas non van as casas. Espíante anos, meses …
 
IRINA



      COMENTARIOS  DOS PERIGOS DE INTERNET -    
                                                       
SEGURIDADE NA REDE

No meu cole estivo Luis, policía nacional para contarnos os perigos que ten internet, en especial as redes sociais.

Non se poden subir fotos a internet. Unha das redes da que nos falou foi facebook.  A idade mínima para pertencer a ela  é os 14 anos. O pór unha idade mínima é para protexer aos menores.

A seguridade é nula porque existen programas que se poden descargar gratuitamente por internet e revelan a contrasinal dos usuarios.

Ás redes sociais non se lle deben dar datos persoais. Convén usar un avatar e un Nick. Son moitísimas as persoas que usan as redes sociais. Nelas están os pederastas, por iso non hai que por datos persoais.

VALERIA

ATENCIÓN



POLA NOSA SEGURIDADE NON NOS COMUNICAREMOS POLA REDE CON …

      

                DESCOÑECID@S.
Resumo da conferencia


O policía falounos dos perigos de internet. Moitos nenos de sexto tiñan redes sociais coma Facebook, Tueti,  etc. Ao policía non lle pareceu moi ben porque ao menos hai que ter catorce anos pala usalas. Falounos dos hackers que poden entrar en calquera sitio, web...e dos pederastas que enganan a nenos e nenas e abusan deles .E o peor é que nos programas coma Facebook, para obter diñeiro,venden os teus datos, por iso non hai que colgar nada vergonzoso.Eu opino que hai que poñer un límite de idade máis alto, coma para dezaseis anos. Non se deben colgar fotos de xente sen o seu permiso porque te poden denunciar. Eu creo que a xente debería revisar ben as fotos e pedir permiso ás demais persoas que saian para colgalas.Tampouco se deben facer citas a cegas porque as persoas coas que quedaches poden ser pederastas. E sobre todo non dar datos persoais. Eu opino que os pais deberían de revisar o que os nenos poñen nas webs, redes sociais...HUGO



INFORME PERIODÍSTICO: OS PERIGOS DE INTERNET


    O outro día, veu ao colexio Luis, un membro do corpo nacional de policía. Luiscontounos o gran perigo que ten Internet cando incumprimos as súas normas. Moitos de sexto levantaron a man cando Luis preguntou quen tiña perfil dalgún tipo en Internet. Entre medias Luis foi contando unha historia e pondo exemplos de vez en cando.
 
Gustoume o que nos contou xa que era moi intesante e importante. A moitas das miñas amigas e a min deunos un pouco de medo. Temos que admitir que se poñen idade é para protexernos. Tamén temos que darnos conta de que as redes sociais de Internet son empresas que viven da nosa información. ICÍA
 
*PREGUNTAS DE ADRIANA

-Policía, en que rede de comunicación pode haber delitos?

-En facebook , twitter...

-E … porque ocorren?

-Porque hai unhas persoas chamadas pederastas e esas persoas  interésanse moito por ti e entón esperan a que estes e atacan, actúan.

-Entón é mellor poñer no teu perfil unha foto de alguén non?

-Claro!

-E …se te queres quitar de facebook, por exemplo?

-Non se pode .Quitar a foto de perfil si pero  gárdase nun sitio no que se pode ver

-E do correo electrónico, que me dis?

-Pois que tamén é moi perigoso porque calquera pode saber a túa contrasinal. E o Wasap tamén e moimoi perigoso e o mellor é  pórse un nic

-Que é un nic?

-É un apodo , un nome inventado...e un avatar é un moneco que podes pór de perfil.

-Bueno, grazas.

-Chao!
-Gustoume moito!!
 
 OLLO CON  INTERNET!!!

Sabedes que internet pode ser MOI perigoso?

Queredes ter perfil no watsapp, en facebook... e dicir, internet?

 A pregunta é: Tedes a idade necesaria?. Supoñamos que tedes10 anos e tes perfil en internet. Non sabedes o que pode pasar. Fisgoneando en internet hai PEDERASTAS. Os pederastas son xente que entra nos teus correos... para ver aos teus amigos a ti... Poden entrar en todas as redes sociais que queiran.

Os pederastas collen a túa confianza se sodes guapos para eles. Dálles igual se sodes nenas ou nenos.

Non entran nas casas!

      Tedes que ter máis de 14 anos recordádeo ben!!!

IRINA


OS PERIGOS DE INTERNET - 5º COMENTA

RESUMO DA VISITA DO POLICÍA 

O policía chamábase Luis. O tema que nos ía explicar era sobre os perigos de internen. Facebook é moi perigoso porque tes que ter 14 anos, hai delincuentes que se chaman pederastas e que queren facer cousas feas contigo. Cando iso pasa ao agredido  quédalle  un gran dano non so no corpo,  tamén na mente. Ós  pederastas dálle igual o que lles pase. Hai algúns nen@s que se suicidan porque non pode vivir co dano psicolóxico.

*Hai dous servizos: en internet.
-O “A” cando tes aberta a rede social.
-O “B” cando  borras os teus datos quedan aí. Algúns xaques cun programiña gratuíto que baixan de internet son quen de rescatar o borrado para usalo ou vendelo.
Tamén hai xente que che pon un virus para que todo o que poñas quede gravado.

*Nas redes sociais hai tres niveis:
1- Aberto - cando calquera pode entrar.
2- Semiaberto - só os que ti queiras.
3- Cerrado- só os policías e xaques.

*Hai que ter en moi en conta o seguinte:
-Non podes pór datos persoais.
-As fotos que pos en internet son fotos que perdes.
-As fotos aínda que as borres quedan en internet.
-Subir fotos de amigos , profesores... sen permiso é delito
-E, insultar tamén e delito.
                                           JORGE
RECORDA:
“AOS AMIGOS E ÁS AMIGAS HAI QUE TELOS DIANTE”
*Os pederastas son persoas  que poñen un perfil en Facebook, doutra persoa, sexa amiga túa ou non , e cando falas con "el" e levas falando moito  tempo diche que deberiades quedar nalgún sitio , e cando quedades, o pederasta non  é a persoa da foto do perfil, e outra persoa que che vai acosar sexualmente. Os pederastas non só son homes,  tamén poden ser mulleres.
Eles falan por internet para que ti non saibas que estas falando cun pederasta.
No monte do Castro os pederastas acosaron a menores de idade, por estar en Facebook falando con calquera.
Hai que ter coidado con internet, porque hai moitos pederastas agochados nestas redes sociais.

                                         ANDREA

OS PERIGOS DE INTERNET
Un policia nacional, chamado Luis, falounos dos perigos de internet. A min dábame medo as cousas que dicía.
El dicía que Facebook, WhatsApp, Tuenti, Twitter... Era perigoso ao mentir coa túa idade, subir fotos, falar con descoñecidos etc. Eu non o teño, así que estou un pouco máis tranquila. Os pederastas saben máis de internet que algúns policias e se séntense atraídos sexualmente por @s nen@s. Esa parte deume moito medo. Contounos sucesos reais e dixo que se te pillaba un pederasta era peor que perder un brazo, case me deu un patatús. Porque ademais sucede en Vigo. Moitísimas persoas están conectadas a internet en España. Luis era un pouquiño apagado é a miña opinión, pero a conversación era moi interesante.

https://mail.google.com/mail/u/0/images/cleardot.gifRaquel


Preguntas e respostas sobre os perigos de
INTERNET


1.É perigoso utilizar o Internet co móbil?

Sí que é perigoso porque os “jackers” poden saber onde vives, quen es, como es,…E moitas cousas máis.

2.Que redes sociais son perigosas?

Todas sobre todo facebook, twitter e tuenti porque as utiliza todo o mundo.Tamén son perigosas whatsapp, instragram e YouTube.

3.Por que son perigosas?

Porque hai pederastas que te ven en fotos se as colgas e porque todo o mundo pode coñecer os teus datos persoais. As redes  véndenos. E sobre todo polo uso que fan delas os pederastas.

Outros perigos son os “jackers”, os programas de desencriptación de claves, e, as veces, os teus amigos por deixarlle as túas claves.

4.Hai máis perigos?

Sí, hai máis. Quedar para unha cita cun descoñecido, subir fotos de amigos sen o seu permiso e o máis importante: Todo queda rexistrado.

5.Que é o que queda rexistrado?

Queda rexistrado o nome, as fotos, os datos,…todo.

6.Fagas o que fagas todo queda rexistrado?

Aínda que o borres; os datos seguen rexistrados porque bórranse da parte pública, pero non do rexistro da empresa.


                                                                                                  ALEJANDRO