REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






lunes, 28 de octubre de 2013

HEI DE SABER.......

Hei de saber que para ter éxito na ESO é moi importante adquirir no 3º Ciclo de Primaria as seguintes cousas:
- Ter boa comprensión lectora cun bo ritmo ao ler. Entender o que lemos e saber interpretar os enunciados dos exercicios.
- Soltura no cálculo, é dicir, calcular lixeiros. Para conseguilo haberá que saber moi, moi ben as táboas de multiplicar e ser rápidos no calculo mental. Tamén leremos ben os problemas.
- Facer os traballos escritos sen faltas de ortografía, presentándoos de forma lóxica e ordenada. É importante escribir cun certa velocidade.
- Estudar. Non ter medo de aprender, dicir o que sabemos. Se non sabemos preguntar. Hai que ter bos hábitos de estudo, estar maduros. Sábese porque se organiza ben o traballo e fas o que che toca cada día.
- Ter un bo comportamento respectando aos profes e mailos compañeiros.
         UXÍA - ADRIÁN - IRINA -BRUNO