REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






jueves, 24 de enero de 2013

ACOSO ESCOLAR

O venres, día 18, o policia nacional chamado Luis veu ao noso cole para falarnos a todo o alumnado do Terceiro Ciclo de Primaria do ACOSO ESCOLAR.
Resultoú ser una charla do máis interesante e aprendemos moitísimo. Fixemos unha chea de preguntas porque ademais tratábase dun tema moi serio.
A charla ía durar unha  hora e houbo que prolongala debido ao noso interese.
Algunhas das opinións/criticas máis interesantes:

-ANTÍA
Aínda nos queda moito por aprender, todos os que escoitamos a charla imos mellorar.
@s nen@s que acosan non deben ser nen@s felices.
@s nen@s acosad@s non deben ter medo a comunicarllo aos país ou aos profesores.

-UXÍA
Aos nen@s que acosan pásalles ou pasoulles "algo" na súa familia.

-ALEXIA
@s que acosan teñen un problema mental e @s acosad@s terían que ter máis carácter e non permitir que se lles moleste.

-NICANOR
@s acosadores teñen que recapacitar e cambiar porque non poden ir por aí de chulitos,

-ALEXIS
@s acosadores non saben ter amig@s.

-SHEILA
@s que acosan non van ter no futuro unha boa vida.

-DAVID
@s acosad@s séntense fatal porque non poden divertirse sen que veñan a fastidial@.

-LAURA
Eu pensaba que iso da agresividade era parte do mundo dos adultos. agora sei que xa ven da infancia.
Charla interesante e instructiva. Hai que axudar @s acosad@s intentando que non medre neles a agresividade ou o odío denunciando @s acosadores.

miércoles, 23 de enero de 2013

REVEXETACIÓN AVENIDA CASTELAO


Vouvos contar o que soñei esta noite.
Onte deiteime ben cedo porque tiña moitísimo sono ademais estaba cans@ da saída que fixemos pola mañá.


  
                Os vermes xigantes
De repente cerrei os ollos e soñei que estabamos plantando árbores,que logo viña o Alcalde e nos daba unha charla cun micrófono. Nese momento empezábase a abrir o solo e saían vermes xigantes. Pensabamos todos que era o noso fin, pero non, os vermes empezaron a saudar ao Alcalde e a darlle as grazas.
E tocou o reloxo e xa me espertei para ir cedo ao colexio.
                                                                                   NEREA CARIDE

 
PAIS GOMINOLA

Soñei unha cousa moi rara. Estaba conducindo un coche, exactamente, un Lamborghini laranxa como o do meu xogo ps3,e as casas, a estrada, as árbores.... todo era de cores.

Baixeime do coche. Ó tocar a calzada amarela, leveime un sorpresón, era de gominola!. Todo era de gominolas! , e, empacheime, engordei e deume dor de barriga. Logo ao espertar mireime a barriga, e non estaba gorda.

Onte foi unha noite moi divertida.
                                                                                         IVÁN  BAZARRA


 
Un soño de reforestación

Soñei que xa pasaran trinta anos, e que as árbores que plantamos xa eran grandes, e estaban perfectas, e eu, que tiña fillos, faláballes de como as plantamos e da que plantei eu. Pero, por desgraza, cando os meus fillos estaban en 6ª de primaria, volvéronas a talar... 

 
Pero por sorpresa... o alcalde volveu a dar a idea de facer a reforestación! Así, os meus fillos viviron a experiencia que vivín eu, e así pasará de xeración en xeración.
Foi un soño moi bonito, e espero que se cumpra  porque así todos saberán o que é facer unha reforestación na Avenida de Castelao.
                                                                               IRENE CARBALLO