REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






martes, 12 de junio de 2012



12 DE XUÑO, DÍA CONTRA O TRABALLO INFANTIL

Fai algún tempo a miña nai contoume que un reporteiro británico descubriu que unha coñecida marca deportiva obrigaba a nenos e nenas de familias pobres asiáticas a traballar doce ou máis horas ao día, cosendo balóns a cambio dun escaso alimento para eles e mailas súas familias. En concreo dous ou tres platiños de arroz. Tamén me explicou que era das poucas marcas que o recoñeceu. Hai moitas máis que explotan así aos nen@s.

OPINIÓN: Sinceramente, sei e comprendo a crise que se está a vivir na actualidade en case que todo o mundo, tamén sei que así as empresas non cumpren os contratos coma Deus manda; pero por máis que o intento non consigo poñerme na pel do explotador que na miña opinión comete unha falta tan cruel que chega a ser inhumana.
Penso que os nen@s debemos formarnos estudando ata cumprir a maioría de idade e só preocupándonos de estudar e ser felices. Chegados aos 18 anos decidiremos se seguir estudando ou lanzarnos ao mercado laboral. Pero só entón.
LAURA PIÑEIRO MARIÑO