REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






martes, 3 de mayo de 2011

A NENA QUE SE PERDEU NO BOSQUE

Érase unha vez unha nena que se chamaba Candela .
Vivía nun pobo chamado Salvaterra de Miño, que é moi bonito. Ía todos os días ó colexio coas súas amigas, Teresa, Celia e Uxía
Tiña un profesores para cada asignatura. A súa asignatura favorita é plástica.
Candela quere un canciño. Encantánlle os animais pero o que máis lle gusta é un can.
A su nai non lle deixa ter un cadelo.
Un día cando ía a súa escola atopouse con algo que se movía entre as árbores. Era unha nai con catro cadeliños.
A nai foise con tres dos canciños, porque un ía tras Candela.
Candela pensou que a estaba perseguindo, pero o canciño foi pola esquerda cara a un bosque, Candela foi tras el correndo durante unha hora, o canciño parou.
Candela cansa sentouse nunha pedra, díxolle ao can:
-Estamos perdidos no medio do bosque.
O canciño foi buscar axuda, atopou a nai de Candela pola beirarúa. Ladroulle para que fora tras del. Botou a correr e ela seguiuno.
Candela mentres no medio do bosque berrou:
-Axulio, socorrooo!
Cando a sua nai oiu a súa voz correu a buscala e atopouna. Deulle unha aperta moi grande e un bico. Despois marcharon xuntas á casa co cadeliño como recompensa por habela axudado.

SALOMÉ