REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






martes, 22 de febrero de 2011

O NACEMENTO DA PAZ

Fai moito tempo existía a reunión dos países. Nunha sala reuníanse moitas persoas.
Cada persoa representaba ao seu país. En todas as reunións pasaba o mesmo.
Todas as persoas se poñían a discutir ata que un día entrou pola ventá unha pomba branca.
Nese momento todos calaron durante minutos observando á pomba.
A persoa que representaba a Francia comentou:
-Que tranquilidade, que agradable! Teríamos que poñerlle un nome a isto.
-Que tal Paz?- propuxo España.
-Vale -gritaron todos os demais.
-Deberíamos representalo con algo –dixo Italia.
-Que tal coa pomba. Foi a que produxo isto –dixo Xapón.
-Si. É unha boa idea.-añadiu China.
De súpeto a pomba saíu pola ventá e todos se asomaron, e viron á pomba nun olivo.
-Deberíamos representar a Paz coa pomba e ademais cun ramiño de olivo no seu pico –suxiriu Afganistán
E así o decidiron todos os paises. Por iso dende aquel día o 30 de xaneiro celebrase o día da paz e se representa coa pomba branca coa ramiña de olivo no seu pico.


Javier Pérez Vázquez