REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






lunes, 19 de enero de 2015

COUSAS DE BOSTEZOS

O CÍRCULO DO BOSTEZO

Esta mañá cando chegamos á clase sentámonos e de repente chega un neno e comeza a bostezar. Despois daquilo todos os nenos da clase comezamos a bostezar. Chegou un neno doutra clase e comezou a bostezar, cando foi a súa clase, os nenos tamén comezaron a bostezar, e a profe tamén.
Así unha profe e a outra… Todos os profes. Ás dúas da tarde chegaron os pais e comezaron a bostezar, e así todo o día. No traballo dos pais tamén bostezaron. Tanto que pola noite toda a cidade comezou a bostezar, non se librou ninguén. Ao final todos os periódicos do país querían unha foto e vídeos da cidade bostezando.
Pasados dous días todo o país bostezaba e...Matías Prats non puido dar as noticias.  Pobre Matías!
VALERIA


Un caos cheo de bostezos!
Había un día, nunha clase de "tolos", un neno chegou pola porta bostezando tan forte, que contaxiou aos demais nenos. Todos estaban a bostezar. A profe estaba moi impresionada coa súa clase (pero non era a primeira vez). Na clase de música parecía unha canción horrorosa, pero unha canción. A canción da Alegría máis ben parecía que un monstro que viña para comernos.
Na excursión, no autobús, os de quinto cantaban e os de sexto daban medo, e dicir, bostezaban.
Na merenda, non comían cada bocado que daban  escupíano para bostezar. Iso era desperdiciar a comida!
Para presentar a todo o cole dicían unha palabra e a bostezar. Era un caos!!!
Se tes soño, quédate na casa!

IRINA