REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






jueves, 29 de enero de 2015

TODO É MODA



A  roupa non é o máis importante

Que raro me mira a xente, eu so veño cun traxe de baña o día no que estamos a 4 graos. Encántame o traxe de baño, ademais convencín aos meus pais para non levar nada por enriba. Seguro que me miran por que teñen envexa.Coma a outra vez cando a miña nai me comprou un abrigo para poñer no inverno, cando fixera mais frío, pero eu non puiden esperar máis, así que, cando facía un solazo que queimaba púxenmo. Quedábame xenial.

O outro día oín aos meus pais dicir que por un tempo non me comprarían mais roupa porque me descontrolaba. Que ían a pensar, eu son unha chica, a que chica non lle gusta a moda?

Xa estou cansa de pedirlle á miña nai roupa e sempre me di que non. Podería ir soa pero eu non sei elixir. Xa non son a nena que máis á moda vai, quero roupa! O que sexa, ou sandalias, ou bufandas, ou abrigos, ou saias, ou vaqueiros, ou zapatos, ou...Calquera cousa!

E para o meu cumpreanos, o único que pedín é roupa, aparte doutras cosas. Cando vou abrir os regalos non vexo nada de roupa, a miña nai non comprende que non podo vivir sen roupa nova. Ademais os meus regalos foron catro(literalmente). Ao chegar a miña casa fun a miña habitación a chorar e alí estaba a miña desexada roupa nova. Os meus pais alegráronse moito ao veren o feliz que era.

Agora comprendín que a roupa non é o importante, o importante e apreciar as cousas(a parte dela). E darlle moito amor aos teus seres queridos.

https://ssl.gstatic.com/ui/v1/icons/mail/images/cleardot.gif

Adriana



 Sabela e os espellos
 
Sabela é unha nena que é moi presumida, sempre que ve un espello párase nel a retocarse o pelo, a camisa ou simplemente a pórse ben os pendentes. Sabela, como é tan presumida, sempre que alguén lle regala unha prenda de roupa, o día seguinte pona, por moito frío que fixera, se o día anterior lle regalaron unhas sandalias ao día seguinte, puñas.

Como xa coñecedes un pouco a Sabela, vouvos contar unha cousa que lle pasou o outro día.

Sabela xunto cos seus pais, dirixíronse a comprar un moble para a súa habitación. Cando se dirixían á tenda de mobles, Sabela atopou unha sección de espellos e de dalí non había quen a sacara. Os seus pais intentárono pero non había maneira de sacar a Sabela dese lugar. Ata que  os seus pais tiveron unha idea, ían comprar os espellos. Así Sabela tiña moitos espellos para verse todo o tempo que quixera.

Icía




A cor negra.

Laura, é unha nena á que lle gusta chamar moito a atención, e por iso, converteuse nunha presumida.

Era capaz de todo dende o mes pasado cando empezou a tempada das rebaixas.

Laura era rubia  cos ollos azuis, pero non lle gustaba: tinguiuse de castaño o pelo e púxose lentillas de cor negro. Os pais deixábana porque era unha nena un pouco mimada.

A Laura non lle importaba moito ter frío ou calor. Dáballe igual levar botas á praia ou non levar chaqueta en inverno. Sempre tiña que estar á moda.

Se hai alguén que non vai á moda, ignóraa ata que cambiaba de roupa. Non o soportaba!

Os cores tiñan que combinar sexa como sexa.

Laura era un pouco maniática de máis.

O máis interesante é que a súa cor favorita é o negro... Porque o negro combina con todo!

Irina




CLOE , A NENA CON ESTILO .
Esta é a historia de Cloe , una nena que sempre ía a moda.
ADVERTENCIA : Se queredes ir a moda nunca lle pidades consello a Cloe porque  senón ... Agora o saberedes , non vos conto máis .
Unha mañá de moita chuvia , estaba nevando , e os país de Cloe decidiron ir as rebaixas do Centro Comercial.  Alí compraron un biquini para a súa filla , Cloe . Ela é adicta as rebaixas , sobre todo ás de roupa . Encántalle a roupa , e sempre vai á última . Como era un día no que nevara decidiu ir á esquiar. A semana pasada os seus país regaláronlle roupa para á neve , pero como iso xa estaba visto porque o estreara, tivo que poñerse algo que non , o seu biquini novo . Cando chegou colleu os seus esquíes e ... A esquiar! Todos os que estaban esquiando se rían dela pero a Cloe dáballe igual . Ela morría co  frío pero xa sabedes o dito " Para presumir hai que sufrir "E como quería presumir non lle quedaba outra que sufrir . Ao final acabou coma un  cubiño de xeo . Cando chegou a casa meteuse na bañeira con auga  quentiña , e estivo alí ata a hora da cea .
Pasados uns días a neve derreteuse e saíu  o sol , xa comezou a primavera. Como tiña un resfriado os seus pais regaláronlle un abrigo de plumas , de boa marca  . As súas amigas ían marchar a praia e como tiña un resfriado non podía ir . Pero a Cloe  ocorréuselle una idea : ir a plaia co abrigo. Os seus pais déronlle a súa aprobación porque pensaban que non se atrevería a tal cousa , e Cloe marchou a praia.

Cando chegou todas as súas amigas estaban en biquini pero ela estaba co abrigo . As súas amigas ían a moda , pero non facían coma Cloe . Coma elas sempre ían ben vestidiñas decidiron explicarlle a Cloe como podería destacar pero indo ben vestida . Despois duns minutos Cloe era outra persoa , porque xa aprendera como tiña que vestirse , e así cada día ía a moda pero dependendo  da temperatura que facía.
Andrea

 

A moda anti inverno


Un día, un neno chamado Raúl, que era moi presumido, comprou un bañador xusto en inverno, pero el quíxoo poñer. Raúl foi a praia a 2º grados centígrados. Raúl, cambiouse, púxose o bañador, e... A auga estaba conxelada!Raúl pxose enfermo e ademais, a praia estaba baleira, e ninguén o vira. Xa en verán, Raúl intentou poñerse o bañador, pero lle quedaba pequeno, e ademais, despois de enfermar, tíñalle medo a auga!


Jonás


jueves, 22 de enero de 2015

CITA DE RAQUEL

 
"Tú puedes ser lo que quieras ser, no dejes que nadie elija tu futuro. Cumple tu deseo, haz que se haga realidad y no dejes que nadie te pare por el camino hacia la libertad."

lunes, 19 de enero de 2015

COUSAS DE BOSTEZOS

O CÍRCULO DO BOSTEZO

Esta mañá cando chegamos á clase sentámonos e de repente chega un neno e comeza a bostezar. Despois daquilo todos os nenos da clase comezamos a bostezar. Chegou un neno doutra clase e comezou a bostezar, cando foi a súa clase, os nenos tamén comezaron a bostezar, e a profe tamén.
Así unha profe e a outra… Todos os profes. Ás dúas da tarde chegaron os pais e comezaron a bostezar, e así todo o día. No traballo dos pais tamén bostezaron. Tanto que pola noite toda a cidade comezou a bostezar, non se librou ninguén. Ao final todos os periódicos do país querían unha foto e vídeos da cidade bostezando.
Pasados dous días todo o país bostezaba e...Matías Prats non puido dar as noticias.  Pobre Matías!
VALERIA


Un caos cheo de bostezos!
Había un día, nunha clase de "tolos", un neno chegou pola porta bostezando tan forte, que contaxiou aos demais nenos. Todos estaban a bostezar. A profe estaba moi impresionada coa súa clase (pero non era a primeira vez). Na clase de música parecía unha canción horrorosa, pero unha canción. A canción da Alegría máis ben parecía que un monstro que viña para comernos.
Na excursión, no autobús, os de quinto cantaban e os de sexto daban medo, e dicir, bostezaban.
Na merenda, non comían cada bocado que daban  escupíano para bostezar. Iso era desperdiciar a comida!
Para presentar a todo o cole dicían unha palabra e a bostezar. Era un caos!!!
Se tes soño, quédate na casa!

IRINA