Esta representación ven sendo unha fantasía baseada en feitos reais.
Coma sempre, o grupo de “AS OITO” fixo unha das súas festas de pixama nas
que o pasan de marabilla.
-Teño un ha idea!
-Unha idea?
-Ben, si, unha idea xenial!
-Pois para ti mesma dicires que é xenial, ben boa terá que ser.
-Empeza a contar que estamos intrigadas!
E así foi como tiveron a grandísima
ocorrencia de reunir a toda a clase e facer unha festa
todos xuntiños co gallo dos 50
anos do cole. Ao seren tantos era moi complicado facer a festa nunha
casa, polo que decidiron pedir permiso á dirección do cole, iso si … un permiso
virtual que por suposto foi concedido. E aquí estamos, dispostos a pasar unha
velada case, case, coma se facía hai unha chea de anos …,uns cincuenta anos ….
Houbo unha chea de actuacións individuais e de grupo.
Non falataron chiste, cancións, palabrería variada, raps, cantos de cegos e ata aeróbic.
Aeróbic urbano
Durmo ---- Durmo
Esperto ---- Esperto
Refrego --- Refrego
Peiteo ao neno ----
Peiteo ao neno
Bato chocolate ---
Bato chocolate
Bico ao neno, bico ao marido ----
Bico ao neno, bico ao marido
Subo as escaleiras, collo o bolso ---
Subo as escaleiras, collo o bolso
Corro á oficina.
Espero ao bus ---- Espero ao bus
Róubanme!
Asústome!
Reacciono
Corro tras o ladrón!
Alcánzoo!
Alcánzoo!
Pum!, pum!, pum!
Empeza un novo día!
E di … ( volver a refrego …. Ata fin )
Isto remata así !
O noso cole Illas Cíes
é un cole con historia
xa que pasa dos cincuenta
e diso damos boa conta.
Alá nos anos sesenta
e nas aforas de Vigo
creouse este colexio
para nenos e máis nenas.
daquela estaba mal visto,
as nenas por unha banda
e os nenos pola outra.
Os anos foron pasando
e o cole foi cambiando,
agora estamos xuntos
os nenos e máis as nenas.
e nun xesto de modernidade,
e forma parte da cidade.
Cada curso que pasa
renóvase o alumnado,
e co paso dos anos
tamén o profesorado.
Neste colexio hai de todo
para poder estudar,
e así de maiores
poidamos todos triunfar.
Dámonos moitos parabéns
porque este cole cincuentón
no que tanto aprendemos,
énchenos o corazón.
E así foi pasando o tempo. Coas nosas cosas pasámolo ben, moi ben …. Despedimos esta nosa xuntanza cantando e bailando un tema que é por aí de canda o cole: VIVA A XENTE