REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






jueves, 9 de octubre de 2014

SENSACIÓNS SURFEIRAS

O venres, 26 de setembro, viñeron  ao noso cole dous monitores que en realidade son dous grandes surfistas pertencentes á  escola de  Pradosurf e ensinarnos uns videos comentados do que eles fan.
Sabemos todo o que debe levar cada persoa que quere practicar este deporte, o que poderiamos chamar equipaxe surfista: tapóns para os oídos, botella de auga, toalla, traxe de neopreno, cera para non esvarar coa táboa e, como non, o máis importante, a táboa!
Estiramos un pouco a modo de adestramento para que o noso corpo estivese áxil e non se lesionara.
Montamos en monopatín para aprender a postura dos pés e sobre cal temos que facer unha maior forza.



E por último cunha gran lona azul,  manexada de forma axeitada , simularon unha onda de tubo e puidemos sentir a sensación de estar surfeando no Illas Cíes.
Resultou incrible e moi, pero que moi divertido.

                                           Adriana/Sara/Andrea/Icía