O venres día 3 deoutubro fomos ao MUSEO de PONTEVEDRA a ver unha exposición que nos gustou moitísimo e ademais, aprendemos unha chea de cousas daquela época.
En grupos realizamos os traballos que seguen.
HAT-HOR (1550-1307 a C) por Óscar Acuña / Valeria / Bruno / Adriana / Uxía / Pablo
Nesa época os exipcios
desenrolaban a súa cultura; construíron as súas civilizacións arredor do Nilo.
En cada cidade tiñan distintos deuses, por exemplo:
Amón
(747-332 a C) procedente do legado de
Bartolumicci, 1892.
Deus Thot
(Inventou a escritura) Represéntase como o
deus dos escribas, represéntase como un beduino.
Deus Happy
É o deus do Nilo e ten
unha coroa de papiro. Pódese representar coma home ou muller .
Deus Rá
Era o deus mais
importante.
Levaba un disco solar.
Touro Apis (Touro do
faraón)
Cando os faraóns
chegaban aos trinta anos de reinado
tiñan que facer unha festa, e o faraón corría co touro. Se o touro morría momificábano.
Axenato
Prohibiu que adoraran a
outros deuses que no foran Athon. O seu pai era Nefertiti
AS MULLERES
Usaban perrucas.
O Kahol era pintura para
os ollos e protexelos do sol.
As mulleres eran as xefas da casa.
A cervexa era un
alimento que comían os nenos e a mulleres.
As mulleres se representaban en amarelo porque non se poñían morenas.
Os homes podían ter mais
dunha muller.
Visita ao museo de Pontevedra
Por Alejandro De Torres / Icía / Nicole / Adrián
/ Óscar Sánchez
A morte no antigo Exipto
Pensaban que tiñan una 2ª vida, polo tanto, os momificaban e
enterrábanos con comida e coas súas
riquezas. Cando os momificaban os brazos poñíanllos en cruz. No proceso de
momificación quitábanlles os órganos internos polo nariz e pola boca cun
gancho.
Os órganos que lles quitaban metíanos en cinco vasillas. Facían uns
rituais.
Dependendo das épocas cambiaba o sarcófago. Nestes tiñan máscaras funerarias. Primeiro poñían a
momia, despois o féretro e por último o sarcófago.
Despois da norte nunha báscula poñían, nun lado, unha pluma, e noutro lado,
o corazón do morto. Este tiña que dicir a verdade a 42 preguntas e se dicía
mentira un monstro alado comíase o corazón e xa non tiña unha segunda vida.
As estatuas
As estatuas de deuses diferenciábanse das dos reis en que as dos deuses tiñan a barba curvada e
un pé adiantado e as dos reis tiñan a barba recta e os pés á mesma altura.
Isis solíase representar no seu
trono co seu fillo Horus no colo.
Os deuses
Horus represéntase coa cabeza de falcón. Diferenciábase do deus Ra no
mediodía porque Ra leva un disco solar na cabeza.
Ra representábase de tres formas segundo o momento do día:
Na mañá tiña cabeza de escaravello, no mediodía con cabeza de falcón e co
disco solar e pola noite con cabeza de ave.
Ra creou o ceo e a terra.
Set, Osiris, Isis e Nenfis eran irmáns. Como Osiris era o rei de Exipto,
Set quería acabar con el para ser o rei. Set intentou matalo meténdoo nun
sarcófago e tirándoo ao Nilo pero o rei doutro reino encontrouno atrapado entre
unhas árbores e Isis foi rescatalo.
Set volveu intentalo despedanzándoo en catorce anacos que os repartiu por
todo Exipto pero Isis e Cat recolléronos case todos excepto a entreperna , que
foi o que o tirou ao Nilo e foi a comida dos crocodilos do Nilo. Cando uniron
eses cachos momificárono se converteuno deus do reino dos mortos.
Bes, un anano barbudo, era o deus dos nenos, da música e das festas.
Anubis era o deus dos mortos e o seu gardián. Representábase con corpo humano e cabeza de chacal ou coma
un chacal de corpo enteiro.
A muller
Tanto os homes e as mulleres usaban perrucas. Nos xeroglíficos, as mulleres
tiñan a pel amárela. Eran quen mandaban nas casas . Facían cervexa sen
fermentar para os nenos e fermentada para os adultos. Poñíanse xoias moi
bonitas.
A escritura
Escribían de todas as maneiras (de arriba a abaixo, de abaixo a arriba, da
esquerda á dereita e da dereita á esquerda) e os xeroglíficos líanse hacía o
lado onde miran os seres vivos.
DA VIDA Á MORTE NO ANTIGO
EXIPTO
Por Sara /Irina / Raquel/ Jorge /
Alejandro Teira
O Nilo divídese en: Nilo azul e Nilo de África que desemboca no Mediterráneo cara o norte. É o río máis grande de Exipto.
Exipto esta dividido en dúas partes :
-Alto Exipto e Medio Exipto.
Fai 5.000 anos,en Xulio e Setembro o río desbordaba. Agora hai una presa
En cada cidade tiñan un deus. Eran enoteistas.
Os deuses:
-Xakjor: O chamaban vaca polas orellas.É un capitel dun templo pequeno.
-Amón: Tebas.Representado por cabeza de animal
-Isis: Tiña tres irmáns. Isis significa muller sentada no trono, deusa da
maternidade.
-Bes: Deus dos nenos. É o deus da música.Tiña unha coroa de plumas.
-Osiris: É o deus dos mortos, esposo
e irma de Isis
-Horus: e o fillo de Isis e Osiris
-Hapy: É o deus do Nilo
- Toht: É o deus da escritura
-Sol: Representa unha figura humana coa
cabeza de escaravello.
-Ra: o deus do sol. Tiña un disco solar na cabeza e era o deus principal.
A deusa máis importante chámase Haka.
Os reis levan plumas de falcón e a súa barba é recta e postiza.
Os deuses levaban un pé diante e unha faldiña. Sempre levaban cobras. A cobra é un
símbolo para os faraóns.
Tamén poden representarse como animais
Isis tiña tres irmáns: Osiris, Seth e Nenfis
Seth quere matar a Osiris pero Isis e Nenfis, encontraron o corpo de
Osiris, ten outra vida.
Seth volveu a intentalo cortando en catorce cachos e repartíronos por todo Exipto .Isis e Nenfis
recolleron todos os anacos menos un, xuntáronos e Osiris pasou a ser o deus da
morte.
As momias facíanse porque os exipcios pensaban que despois de mortos tiñan
outra vida, coma Osiris.
As momias acabadas métense nos féretros e despois nos sarcófagos.
Os escaravellos eran amuletos da sorte.
A cor negra ten un significado positivo, bo. A vermella significaba sangue e a azul axilidade.
Exipto por Andrea / Jonás / Laila / Hugo / Ángel
O Nilo , é o segundo río
máis largo do mundo ,e o máis importante de Exipto. Vai dende o sur ata o
norte e se desborda entre xullo e abril .
As terras eran fértiles, e pensaban que era agradecemento dos deuses.
Mentres que en España cremos nun só deus , en Exipto crían en moitos, un en
cada vila.
Hat-hor era una das deusas máis importantes de Exipto ,e representábase
con orellas de vaca e cun templo na cabeza.
Amon era o deus de Atenas.
Isis era a deusa de Eliotolis.
Bes era o deus dos nenos.
Osiris era o deus da morte.
Set, o deus do deserto , mandou cortar a Osiris en anacos para el ser o
deus. Encontraron os seus pedazos e uníronos de novo.
Toro Apis era un deus animal, había moitos deuses animais.
Para momificar aos faraóns quitábanlles
os seus órganos. Despois metíanos nun
sarcófago.
Ra era o deus principal de Exipto.
As mulleres traballaban no campo , e facían cervexa.
Os exipcios escribían ao revés de nós.E para indicar por onde ler había un
animal que se miraba para un sitio ou para outro era por onde tiñas que
comezar a ler.