O FEÍSMO
Feísmo é una palabra “rara” que se refire ás paisaxes que teñen algo engadido polos humanos que as estraga. Nunha paisaxe fermosa hai algo que a rompe, que non concorda co que lle rodea, que nos produce un impacto visual que nos choca. Que aínda que poida resultar gracioso ao principio, enfastía esa paisaxe porque prexudica gravemente a Natureza, estamos ante o feísmo.
Unha ollada a unha paisaxe deste tipo faiche pensar e polo tanto
reflexionar. De súpeto algo moi bonito convértese nalgo que non causa boa sensación porque destacan de forma
negativa elementos que afean a paisaxe, mátana.
Non podemos rendernos ante estas situacións que fan que paisaxes preciosas,
pasen a ser paisaxes feas, imposibles de
mirar.
O feísmo pódese evitar si a xente é coidadosa e as cousas que non serven
tíraas no lugar apropiado e non na
praia, no medio dun campo,… facendo un uso que non é o seu.
Se escribimos en Google: "chapuzas Galicia", atoparémonos con fotos do feísmo en Galicia e
decatarémonos do que non se pode permitir. Tiñan que obrigar a retirar o que
non está ben e molesta.
A paisaxe temos que coidala entre todos!