O curso 2013/2014 rematou. Despois do moito que traballamos merecemos ter unhas boas vacacións para estar fortes e espertos para o curso 2014/2015.
REMATE
PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.
lunes, 23 de junio de 2014
martes, 17 de junio de 2014
5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE
A BATALLA VERDE
Érase unha vez un planeta chamado “Ambientis” no que sempre se
coidaba o medio ambiente.Tirar algo non biodegradable ao chan era penado pola
lei.
Polo tanto, o planeta estaba en perfecto estado. Ata que un día chegou
“Contaminator”, un robot capaz de contaminar calquera cousa.
Empezou contaminando bosques, mares, desertos … e despois foi polas
cidades.
Foi contaminándoas unha por unha por unha, ata que chegou á capital,
“Verdius City”.
Pero fixo mal, xa que alí vivía un gran superheroe “Green-Man” capaz de
descontaminar calquera cousa:
-Eh, anaco de lata, para xa!
-Eu, debo contaminar to-do.
-Xa verás! Raio Descontaminante!!!!
-Biiiip … Acti-vando Raio Contaminante.
E entón saíron dous raios, un verde e outro vermello.Chocaron e explotaron.
Por un momento só fora un gran destello, pero ao terminar o destello viuse
que non fora unha luz, senón que recuperou o estado verde.
O planeta volveu ser un gran paraíso da natureza.
-Toma iso, robotiño!
-Biiiiiip … Volverei e ter-minarei coa exis-tencia da na-tureza.Ah, ah,
ah!!
Entón os vermellos ollos do robot apagáronse e, medio destruído,
desplomouse sobre o chan.
Ao día seguinte toooodo o mundo celebrou a vitoria de “Green-Man”.
Pero unha noite volverá ás andadas o terrible “Contaminator” e alí
estará “Green-Man” para parar a súa
contaminación.
Alejandro
“MEDIO AMBIENTE”
Había unha vez un bosque que vivía en paz. Todos os animais vivían en
perfecta armonía con ese medio ambiente tan puro, e, sen contaminación. Pero,
un fatídico día, apareceron un montón de escavadoras e maquinaria pesadas de
construción. Peces e animais terrestres morreron, os ríos contamináronse. Ata que un día as máquinas pararon de
traballar xa que se deron conta de que non hai que destruír o medio ambiente, senón,
deixalo crecer. Aí, a xente deuse conta
dunha valiosa lección.
ÓSCAR
O medio ambiente
O medio ambiente é moi bo porque mellora o aire que respiramos para que
onde vivamos non estea moi contaminado. De feito o medio ambiente axudoume fai
un ano, curoume unha enfermidade.
Eu caera enfermo entón fun ao médico e fixéronme unha especie de infusión, tomeina e
cando xa estaba mellor dixéronme que esa infusión era das plantas machucadas. E
así,foi como me axudaron as plantas por iso na miña casa e nas dos meus avós teño
moitísimas plantas.
As plantas precisan dun medio ambiente axeitado para poderen vivir.
ADRIÁN
O medio ambiente é todo o que nos rodea e sempre ten que estar limpo. Se
non o coidamos, non reciclamos, non limpamos, morre. E se morre nos morreremos tamén.
O que o estropea poden ser os: incendios, desecamentos de lagoas... Pero o que
axuda e debemos facer é: a reforestación, a protección de especies e
espazos...Todo iso pode axudar ao medio ambiente para que estea verde. Tamén e
importante reciclar e recoller o lixo das praias, mares, océanos, ríos,
parques...O medio ambiente é o mellor e hai que gozar de el porque algún dia no
futuro pode que xa non exista así, que a protexelo.
ADRIANA
O
día do fin
Érase unha vez unhas árbores que, por falta de coidados, reveláronse. Despois de pensalo ben,decidiron non facelo, porque se convencían aos demais árbores para irse á terra quedaría sen osíxeno e sería a súa fin,e así fixeron. Reuniron un exército de árbores dispostos a irse nun cohete que lles roubaron a N.A.S.A . Un teixo viuno todo e dispúxose a falar coas árbores. Púxose a falar e falar pero non lle facían nin caso, así que chamou aos demais teixos, e entre todos, cortáronlle o paso ás árbores,e o xefe dos teixos comezou a falar:
-Porque vós ides?
-Porque queremos coidados
-Pero se vos fabricades o voso propio alimento!
-Non é iso, o que queremos e que os seres humanos nos abracen, nos canten, nos falen...
-Pois nós, os teixos, convenceremos aos humanos.
Érase unha vez unhas árbores que, por falta de coidados, reveláronse. Despois de pensalo ben,decidiron non facelo, porque se convencían aos demais árbores para irse á terra quedaría sen osíxeno e sería a súa fin,e así fixeron. Reuniron un exército de árbores dispostos a irse nun cohete que lles roubaron a N.A.S.A . Un teixo viuno todo e dispúxose a falar coas árbores. Púxose a falar e falar pero non lle facían nin caso, así que chamou aos demais teixos, e entre todos, cortáronlle o paso ás árbores,e o xefe dos teixos comezou a falar:
-Porque vós ides?
-Porque queremos coidados
-Pero se vos fabricades o voso propio alimento!
-Non é iso, o que queremos e que os seres humanos nos abracen, nos canten, nos falen...
-Pois nós, os teixos, convenceremos aos humanos.
Despois dalgún tempo os teixos
convenceron aos humanos e,en todo o mundo celebrouse a
C.A.D.A.P.O.A (convención anual de amor para os árbores)E así levantouse
unha estatua en honor ao teixo que salvou o mundo.Os árbores, os animais e os
humanos foron felices.
HUGO
- Reciclar o lixo.
- Non tirar o lixo ao chan.
- Recoller o lixo que ti encontres no chan.
- Non desperdiciar a comida que non comas.
- Volver a reutilizar as bolsas de plástico.
- Ir en autobús, en bici ou notro medio de transporte
menos contaminante.
- Non fumar.
- Plantar árbores.
- Construír menos fábricas.
- Non tirar nada ao mar.
- Non tirar o aceite ao lixo.
- Coidar os parques.
- Facer do teu mundo un mundo mellor.
CONSELLOS PARA COIDAR O TEU MEDIO AMBIENTE:
- Reciclar o lixo.
- Non tirar o lixo ao chan.
- Recoller o lixo que ti encontres no chan.
- Non desperdiciar a comida que non comas.
- Volver a reutilizar as bolsas de plástico.
- Ir en autobús, en bici ou notro medio de transporte
menos contaminante.
- Non fumar.
- Plantar árbores.
- Construír menos fábricas.
- Non tirar nada ao mar.
- Non tirar o aceite ao lixo.
- Coidar os parques.
- Facer do teu mundo un mundo mellor.
Raquel
lunes, 2 de junio de 2014
O FEÍSMO
O FEÍSMO
Feísmo é una palabra “rara” que se refire ás paisaxes que teñen algo engadido polos humanos que as estraga. Nunha paisaxe fermosa hai algo que a rompe, que non concorda co que lle rodea, que nos produce un impacto visual que nos choca. Que aínda que poida resultar gracioso ao principio, enfastía esa paisaxe porque prexudica gravemente a Natureza, estamos ante o feísmo.
Unha ollada a unha paisaxe deste tipo faiche pensar e polo tanto
reflexionar. De súpeto algo moi bonito convértese nalgo que non causa boa sensación porque destacan de forma
negativa elementos que afean a paisaxe, mátana.
Non podemos rendernos ante estas situacións que fan que paisaxes preciosas,
pasen a ser paisaxes feas, imposibles de
mirar.
O feísmo pódese evitar si a xente é coidadosa e as cousas que non serven
tíraas no lugar apropiado e non na
praia, no medio dun campo,… facendo un uso que non é o seu.
Se escribimos en Google: "chapuzas Galicia", atoparémonos con fotos do feísmo en Galicia e
decatarémonos do que non se pode permitir. Tiñan que obrigar a retirar o que
non está ben e molesta.
A paisaxe temos que coidala entre todos!
NO RECREO
LETRAS GALEGAS
TEATRO: NO RECREO
TEATRO: NO RECREO
Inventamos unha obra de teatro na que escenificamos conversas dun día no recreo e,como non, partindo da nosa experiencia xa que somos usuarios habituiais.
Rematamos cun novo baile facendo unha coreografía para a canción "O TREN", número un aló polos anos 60/70.
Rematamos cun novo baile facendo unha coreografía para a canción "O TREN", número un aló polos anos 60/70.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)