“OS TRES LOBIÑOS”
Fai uns días coincidín co meu curmán pequeño en Santiago e tiven que durmir
con el porque llo prometera polo seu cumpre.
Cando fomos á cama tívenlle que contar un conto xa que sempre se durmía
así. Eu sabía que daba moita guerra ata quedar durmido e díxenlle:
-Cóntoche un conto coa condición de que cando remate xa esteas durmido, vale?
-Vale! – respondeu .
E entón, decidín contarlle “OS TRES LOBIÑOS”.
Unha mañá de primavera tres lobiños protestaban porque estaban fartos de
que a súa nai lles dese sempre verzas e decidiron cazar pola súa conta para comeren.
O primeiro cazou un coello e veu un xabaril
e rouboullo. O lobiño foise correndo a xunta do segundo e atoparon unha ovella, veu o xabaril tirou,
tirou e rouboulla. Estes foron a xunta do terceiro que era o maior dos tres.
Encontraron un cabalo e veu o xabaril, tirou e tirou e non llo roubou porque o
cabalo se defendeu.
Os lobiños decidiron que o cabalo sería o seu amigo. Despois daquilo os
lobiños cambiaron de idea e pensaron que era mellor seguir comendo verza que non ter comida.
Cando rematei de contarlle o conto ao meu curmán, xa estaba durmido e non
tivo que andar a dar voltas e máis voltas. Menos mal, de boa me librei!!!!
ICÍA
OS DOUS
RELOXOS
Había unha vez dous reloxos. Un chamábase Dixital e o outro
Analóxico.
Eles sempre se pelexaban porque querían saber cal era o mellor. Un día
Dixital dixo:
-Eu son mellor ca ti, é máis fácil de ler a hora en min.
-Eu creo que son mellor , en min vese moito mellor a hora – respondía
Analóxico.
E así un día tras outro.
Ata que Analóxico dixo que deberían facer as paces, que xa estaba farto de
discutir.
Dixital deulle a razón, el tamén estaba farto. Entón Analóxico pediu perdón
e Dixital fixo o mesmo. Desde aquel
momento foron amigos e non discutiron nunca máis.
ANDREA
O PEPINIÑO DA COMIDA SÁ
Era unha vez un pepiniño que cobrou vida ao recibir a luz e a escuridade dun eclipse solar e só quería
que as persoas comesen sá. Pero por desgraza non o facían. Así que ao pepiniño
ocorréuselle unha brillante idea. Foi ao
plató dunha televisión nunha hora de
moitísima audiencia, púxose diante da cámara e comezou a falar:
-Escoitádeme, quero que todos comades sá …
Á xente ese anuncio pareceulle moi gracioso, tanto que todos decidiron
comer san a partires dese día.
Así foi como o soño do pepiniño cumpriuse.
HUGO
PORFA, CÓNTAME UN CONTO!!!!!
Un bo día Paquiño que era un estudiante de quinto de Primaria, volvía da escola e chegada á súa casa con ganas dun conto. Entón foi a pedirllo á
súa avoa, ela sempre estaba disposta a contarlle un novo conto.
-Porfa, cóntame un conto!!!!!
-Vale, pero coa condición de que despois vaias á tenda a facerme un recado.
-Vale!
Cando a avoa rematou o conto, Paquiño foise correndo a facer o recado.
Tanta présa levaba que non lle preguntou á súa avoa o que precisaba e xa estaba
na tenda. Paquiño comezou a pensar e pensar,
acordouse de que no conto que lle contara a avoa o protagonista tamén
tivera que ir a mercar. Decidiu comprar o mesmo ca el.
Cando volveu á casa a súa avoa felicitouno por adiviñalo e Paquiño sentiuse
moi feliz.
BRUNO