REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






miércoles, 23 de abril de 2014

PORFA, CÓNTAME UN CONTO ... !!!!!!



“OS  TRES LOBIÑOS”
Fai uns días coincidín co meu curmán pequeño en Santiago e tiven que durmir con el porque llo prometera polo seu cumpre.
Cando fomos á cama tívenlle que contar un conto xa que sempre se durmía así. Eu sabía que daba moita guerra ata quedar durmido e díxenlle:
-Cóntoche un conto coa condición de que cando remate xa esteas  durmido, vale?
-Vale! – respondeu .
E entón, decidín contarlle “OS TRES LOBIÑOS”.
Unha mañá de primavera tres lobiños protestaban porque estaban fartos de que a súa nai lles dese sempre verzas e decidiron cazar  pola súa conta para comeren.
O primeiro cazou un coello e veu un xabaril  e rouboullo. O lobiño foise correndo a xunta do segundo e  atoparon unha ovella, veu o xabaril tirou, tirou e rouboulla. Estes foron a xunta do terceiro que era o maior dos tres. Encontraron un cabalo e veu o xabaril, tirou e tirou e non llo roubou porque o cabalo se defendeu.
Os lobiños decidiron que o cabalo sería o seu amigo. Despois daquilo os lobiños cambiaron de idea e pensaron que era mellor  seguir comendo verza que non ter comida.
Cando rematei de contarlle o conto ao meu curmán, xa estaba durmido e non tivo que andar a dar voltas e máis voltas. Menos mal, de boa me librei!!!!
ICÍA

OS   DOUS   RELOXOS 
Había unha vez dous reloxos. Un chamábase Dixital e o outro Analóxico.
Eles sempre se pelexaban porque querían saber cal era o mellor. Un día Dixital dixo:
-Eu son mellor ca ti, é máis fácil de ler a hora en min.
-Eu creo que son mellor , en min vese moito mellor a hora – respondía Analóxico.
E así un día tras outro.
Ata que Analóxico dixo que deberían facer as paces, que xa estaba farto de discutir.
Dixital deulle a razón, el tamén estaba farto. Entón Analóxico pediu perdón  e Dixital fixo o mesmo. Desde aquel momento foron amigos e non discutiron nunca máis.
ANDREA

O PEPINIÑO DA COMIDA SÁ
Era unha vez un pepiniño que cobrou vida ao recibir a luz  e a escuridade dun eclipse solar e só quería que as persoas comesen sá. Pero por desgraza non o facían. Así que ao pepiniño ocorréuselle unha brillante  idea. Foi ao plató dunha televisión  nunha hora de moitísima audiencia, púxose diante da cámara e comezou a falar:
-Escoitádeme, quero que todos comades sá …
Á xente ese anuncio pareceulle moi gracioso, tanto que todos decidiron comer san a partires dese día.
Así foi como o soño do pepiniño cumpriuse.
HUGO

PORFA, CÓNTAME UN CONTO!!!!!
Un bo día Paquiño que era un estudiante de quinto de Primaria,  volvía da escola e chegada á súa casa  con ganas dun conto. Entón foi a pedirllo á súa avoa, ela sempre estaba disposta a contarlle un novo conto.
-Porfa, cóntame un conto!!!!!
-Vale, pero coa condición de que despois vaias á tenda a facerme un recado.
-Vale!
Cando a avoa rematou o conto, Paquiño foise correndo a facer o recado. Tanta présa levaba que non lle preguntou á súa avoa o que precisaba e xa estaba na tenda. Paquiño comezou a pensar e pensar,  acordouse de que no conto que lle contara a avoa o protagonista tamén tivera que ir a mercar. Decidiu comprar o mesmo ca el.
Cando volveu á casa a súa avoa felicitouno por adiviñalo e Paquiño sentiuse moi feliz.
BRUNO

jueves, 10 de abril de 2014

CARTA AO VALEDOR DO POBO

EDUCACIÓN INCLUSIVA
O feito de ter algunha discapacidade non pode ser un obstáculo para ninguén. O que importa é ser un máis  e os gobernos han de pór os medios para facilitar calquera situación.
Todos somos persoas e todos temos moito que aprender de todas as persoas sexan como sexan. Aprendemos valores, aprendemos a enfatizar e aprendemos a valorar o que temos.

Mandáronos facer en silencio unha torre autosostida o máis alta posible e este foi o resultado:


                                                                               
  Rematamos   facendo  tres  torres porque  formamos tres grupos   de traballo.                                                Se  colaborásemos  entre todos  e fixésemos unha torre, sería o máis axeitado.
A  NOSA  CARTA AO VALEDOR DO POBO