REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






viernes, 22 de marzo de 2013

HISTORIA DUN CHOCOLATE BEN QUENTIÑO



Historia dun chocolate de Alexia Ares Chang
Oliña, rapaces!
Vouvos contar unha historia sobre un chocolate, que nos ocorreu á miña clase e máis a min.
Todo empezou, un día que no colexio CEIP Illas Cíes, a clase de sexto foi á replantación da avda. Castelao. Alí, estaban tamén outros colexios, xunto con uns monitores e o alcalde.
Despois dun duro traballo, que máis que recompensarnos!! O alcalde, díxonos que un día, nos invitaría a tomar un chocolate. Por fin, onte, fomos ao prometido, no pavillón de Coia!! Quedaba bastante preto do noso colexio.
Ao chegar alí, sentámonos a escoitar unha charliña que nos deu o alcalde. Entón, démonos conta…… de que estaba a televisión!!
A continuación, sacaron a xunto das cámaras a un neno de cada clase, de cada colexio. Da nosa clase, sacaron a Iván Bazarra!! Que divertido foi ver a un compañeiro noso saíndo na televisión!!
Por último, e non por iso menos importante, tomamos un chocolate. Tamén había boliños de leite e boliños de leite cunha cobertura de chocolate por debaixo. Algúns non tomamos chocolate posto que non nos gusta.
Pasámolo moi ben!!

HISTORIA DUN CHOCOLATE de Lois
Anda, o Alcalde cumpriu, dixo que nos ía invitar a un chocolate o día da reforestación.
Bueno, invitounos. O día do meu aniversario! Que bo regalo!
Cando chegaron, encontrámonos con moitos amigos doutros coles.
Falamos un rato antes de que comezara a conferencia, non parábamos de rir contando chistes, pasabámolo xenial.
Cando acabou a conferencia baixamos a tomar o chocolate con bolos.
Teño que dicir que me gustou o chocolate, estaba moi bo, intentei repetir todas as veces que puiden, coma outra moita xente.
Ao final volvemos ao colexio cando so quedaba una hora de clase e acórdome de que uns dicían “vaiamos máis a modiño para chegar tarde”.
Resumindo podo dicir que o señor alcalde pode invitarnos a máis chocolate!



 







O chocolate vive nas árbores de cacao.

Teñen unha ruta diaria segundo o tipo de chocolate :
O chocolate branco encargase de conseguir e criar chocolate , plantan grans de cacao, réganos con azucre e bótanlle abono especial para chocolate. En dúas horas teñen pequenos chocolates que alimentan con follas de árbore de cacao trituradas.

O chocolate negro encárgase de conseguir máis gran de cacao, escalan árbores de cacao , cólleno e cando teñen suficiente volven a súa casa.

O chocolate con leite encárganse da defensa chocolatil. Traballan pegando os seus inimigos con sabia de árbore. Practican na escola de defensa chocolatil na que se entregan a fondo para poder graduarse.

Despois de un largo día de traballo comen follas de cacao e logo xogan aos seus xogos favoritos.

O chocolate branco xoga a arrancar herbas do xardín.

O chocolate negro xoga á busca do tesouro, buscan follas de cacao que logo comen, entre elas está a folla dourada que è a máis saborosa.

O chocolate con leite xoga ao tiro con arco.

No centro do pobo chocolatil está a árbore real no que viven os tres reises , un de cada clase de chocolate.

A arbore real dá as follas douradas, que son as que se utilizan nas comidas importantes.

Como vedes o chocolate traballa e divírtese equilibradamente, algo que nós teríamos que facer.



David Tapia Dios


Historia dun chocolate de Iván Bazarra
Todos estabamos pensando no chocolate. Levabamos pensando nel toda a mañá,

Cando saímos íamos coma petardos cara o pavillón. E ao fin chegamos.

Só pensaba no chocolate, tiña fame...Pero ...agardábame a min, unha grata sorpresa. De súpeto un señor,que xa coñecía, levantoume e levoume cuns cantos nenos a xunta do alcalde. Que pasará?

Déronme unha pá xigante e dixéronme que ía a plantar unha árbore co alcalde e cos nenos que colleron coma min pola grada.

E por certo o alcalde non era moito máis alto ca min. Plantamos a árbore e chegou a momento,do chocolate.

Baixaron os meus compañeiros e fomos ata a mesa.

Trouxeron o chocolate e uns bolos e empezamos a comer. E non nós puxemos as botas, senón tamén os pantalóns, a chaqueta,os calcetíns...menuda comilona!!!

E cando pensamos que todo estaba acabado trouxeron reforzos e acabáronse  de súpeto.

O final estivo ben, comín e fíxenme amigo do alcalde. Saíume a xogada redonda!!!