Historia
dun chocolate de Alexia Ares Chang
Oliña,
rapaces!
Vouvos
contar unha historia sobre un chocolate, que nos ocorreu á miña
clase e máis a min.
Todo
empezou, un día que no colexio CEIP Illas Cíes, a clase de sexto
foi á replantación da avda. Castelao. Alí, estaban tamén outros
colexios, xunto con uns monitores e o alcalde.
Despois
dun duro traballo, que máis que recompensarnos!! O alcalde, díxonos
que un día, nos invitaría a tomar un chocolate. Por fin, onte,
fomos ao prometido, no pavillón de Coia!! Quedaba bastante preto do
noso colexio.
Ao
chegar alí, sentámonos a escoitar unha charliña que nos deu o
alcalde. Entón, démonos conta…… de que estaba a televisión!!
A
continuación, sacaron a xunto das cámaras a un neno de cada clase,
de cada colexio. Da nosa clase, sacaron a Iván Bazarra!! Que
divertido foi ver a un compañeiro noso saíndo na televisión!!
Por
último, e non por iso menos importante, tomamos un chocolate. Tamén
había boliños de leite e boliños de leite cunha cobertura de
chocolate por debaixo. Algúns non tomamos chocolate posto que non
nos gusta.
Pasámolo
moi ben!!
HISTORIA
DUN CHOCOLATE de Lois
Anda,
o Alcalde cumpriu, dixo que nos ía invitar a un chocolate o día da
reforestación.
Bueno,
invitounos. O día do meu aniversario! Que bo regalo!
Cando
chegaron, encontrámonos con moitos amigos doutros coles.
Falamos
un rato antes de que comezara a conferencia, non parábamos de rir
contando chistes, pasabámolo xenial.
Cando
acabou a conferencia baixamos a tomar o chocolate con bolos.
Teño
que dicir que me gustou o chocolate, estaba moi bo, intentei repetir
todas as veces que puiden, coma outra moita xente.
Ao
final volvemos ao colexio cando so quedaba una hora de clase e
acórdome de que uns dicían “vaiamos máis a modiño para chegar
tarde”.
Resumindo
podo dicir que o señor alcalde pode invitarnos a máis chocolate!
O
chocolate vive nas árbores de cacao.
Teñen
unha ruta diaria segundo o tipo de chocolate :
O
chocolate branco encargase de conseguir e criar chocolate , plantan
grans de cacao, réganos con azucre e bótanlle abono especial para
chocolate. En dúas horas teñen pequenos chocolates que alimentan
con follas de árbore de cacao trituradas.
O
chocolate negro encárgase de conseguir máis gran de cacao, escalan
árbores de cacao , cólleno e cando teñen suficiente volven a súa
casa.
O
chocolate con leite encárganse da defensa chocolatil. Traballan
pegando os seus inimigos con sabia de árbore. Practican na
escola de defensa chocolatil na que se entregan a fondo para poder
graduarse.
Despois
de un largo día de traballo comen follas de cacao e logo xogan aos
seus xogos favoritos.
O
chocolate branco xoga a arrancar herbas do xardín.
O
chocolate negro xoga á busca do tesouro, buscan follas de cacao que
logo comen, entre elas está a folla dourada que è a máis saborosa.
O
chocolate con leite xoga ao tiro con arco.
No
centro do pobo chocolatil está a árbore real no que viven os tres
reises , un de cada clase de chocolate.
A
arbore real dá as follas douradas, que son as que se utilizan nas
comidas importantes.
Como
vedes o chocolate traballa e divírtese equilibradamente, algo que
nós teríamos que facer.
David
Tapia Dios
Historia
dun chocolate de Iván Bazarra
Todos
estabamos pensando no chocolate. Levabamos pensando nel toda a mañá,
Cando
saímos íamos coma petardos cara o pavillón. E ao fin chegamos.
Só
pensaba no chocolate, tiña fame...Pero ...agardábame a min, unha
grata sorpresa. De súpeto un señor,que xa coñecía, levantoume e
levoume cuns cantos nenos a xunta do alcalde. Que pasará?
Déronme
unha pá xigante e dixéronme que ía a plantar unha árbore co
alcalde e cos nenos que colleron coma min pola grada.
E
por certo o alcalde non era moito máis alto ca min. Plantamos a
árbore e chegou a momento,do chocolate.
Baixaron
os meus compañeiros e fomos ata a mesa.
Trouxeron
o chocolate e uns bolos e empezamos a comer. E non nós puxemos as
botas, senón tamén os pantalóns, a chaqueta,os calcetíns...menuda
comilona!!!
E
cando pensamos que todo estaba acabado trouxeron reforzos e
acabáronse de súpeto.
O
final estivo ben, comín e fíxenme amigo do alcalde. Saíume a
xogada redonda!!!