Unha perda de tempo
Hai nen@s que xogan moi
pouco e só falan ás veces con amig@s, son adict@s ás redes sociais e non se decatan do que se perden. Non saben o que é estar cos teus amigos xogando, pasándoo ben...
Diana era unha nena de 11 anos que era adicta a unha coñecida rede social.
Diana non xogaba con ninguén, estaba sempre soa.
Un día foi ao parque. Levaba o móbil para seguir falando cos amigos da súa rede favorita.
- Diana, ves a xogar? - Pregúntalle un amigo.
- Vale!
Diana pasouno tan ben, tan ben, que deixou de ter o ordenador coma se fose un colega e ía
ao parque a miúdo para xogar e estar cos seus iguais. Comprendeu que as redes sociais son para
usalas ás veces, pero non sempre.
- Non sei cómo puiden perder o tempo co ben que se está cos amigos - pensaba cada día Diana.
Lois Seijo