REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






viernes, 26 de octubre de 2012

@S NEN@S E AS REDES SOCIAIS

Unha perda de tempo

Hai nen@s que xogan moi pouco e só falan ás veces con amig@s, son adict@s ás redes sociais e non se decatan do que se perden. Non saben o que é estar cos teus amigos xogando, pasándoo ben...
Diana era unha nena de 11 anos que era adicta a unha coñecida rede social.
Diana non xogaba con ninguén, estaba sempre soa.
Un día foi ao parque. Levaba o móbil para seguir falando cos amigos da súa rede favorita.
- Diana, ves a xogar? - Pregúntalle un amigo.
- Vale!
Diana pasouno tan ben, tan ben, que deixou de ter o ordenador coma se fose un colega e ía ao parque a miúdo para xogar e estar cos seus iguais. Comprendeu que as redes sociais son para usalas ás veces, pero non sempre.
- Non sei cómo puiden perder o tempo co ben que se está cos amigos - pensaba cada día Diana.
                                                                                            Lois Seijo

martes, 16 de octubre de 2012

6º de Primaria

Agora somos de 6º curso de Primaria.