Eu
son Iván,un ser humano que vive no teu bonito e ás veces desastroso
ecosistema. Sei que agora non o estamos coidando moito pero sabes que
o imos facer ou polo menos intentalo mellorar.
Nós,
por natureza, podemos ser moi brutos e machacar o teu medio ambiente,
e así, non conseguimos un entorno sostible.
Quero
pedirche perdón por maltratarte pero asegúroche que imos mellorar o
planeta enteiro.
Un
saúdo de un pequeno ser que vive en ti.
Iván Bazarra
Fágoche
ista carta para pedirche perdón polos danos que te facemos. A
min gústame a natureza e estou a favor de ter espazos naturais e non
tanta casa , coche .......
Ti
es a mellor porque sen ti non habería vida , e nós non
existiriamos.
Por
iso me propoño non contaminar o mundo e axudarte a ser feliz.
Quérote
nai Terra.
Bicos.
Anna
Ola,
nai Terra:
Son
Alexis, mándoche esta carta para trasladarche o ben que traballas e
fas todo polos demais. Porque os demais non te coidan. Con tantos
incendios, coma o de Fragas do Eume, vas quedar queimada.
Pero...aínda
así, só a metade da xente axudaríate, porque a outra metade,
fabrica coches con emisións de CO2.
Anque agora, están sacando coches eléctricos.
Hai
xente que planta árbores para ti, por exemplo, os ecoloxistas ou
algunhas empresas.
Grazas
pola túa acollida.
Saúdos.
Alexis
Ola
nai terra;
Diríxome
a ti porque penso no dano que che facemos algúns humanos
contaminando, incendiando bosques, tirando
lixo ao mar...
Oxalá
poidésemos conseguir que non se fastidiara, ensuciara ou
destrozara a túa beleza porque ademais se se queiman os bosques; as
plantas e árbores morren e así non se fai a fotosínteses e todos
morreríamos, e aquelo que fixeron os nosos antepasados non lles
valeu de nada; pero bueno espero que entre todos consigamos un mundo
máis feliz e sen contaminaciòn.
Un
saudo.
P.D.
Xuntos podemos. Iván Díaz
Gutiérrez.
Ola
terra:
Eras moi moderna, ías de azul e verde de diferentes
tonalidades, branco e amarelo, vermello e rosa; ías de todos as
cores que existen. En cambio agora es azul negroso, verde negroso e
todo negroso .Estas toda chea de
bolsas,pilas...Creo que si todos
reciclaramos poderiamos ter un planeta limpo. Se intentamos non facer
incendios teriamos un ecosistema equilibrado.
Uxía
Benquerida
Nai Terra:
Eras
moi fermosa,con esas illas, esas praias,eses ríos e eses vals…
Sen
embargo, a xente estrágate e tira cousas contra ti,enfermándote.
Non se enteran de que danándote só se fan dano a eles mesmos.
Pero,
por outra banda, hai quen defende aos teus animais, recicla e planta
árbores. Eles queren un bo futuro para todos. E dígoche algo, aínda
que sexan unha pequeña porción, fan moito ben.
Mil
apertas,
LAURA
PIÑEIRO MARIÑO.