REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






lunes, 30 de abril de 2012

OUTROS TEXTOS DO V CERTAME DO "VERMIÑO"


O IETI NA REALIDADE
                                                  LOIS SEIJO BARRIO

Un grupo de amigos vaise adentrar nunha aventura
Nunha clase, preto do Himalaia oíuse un ruxido moi forte e todo se puxo a tremer.
-Qué é iso ?-Di Nica
-Terremoto!!!-Grita Iván
-E o ruxido?-Pregunta Lois
-Sera o Ieti je, je, je!!! -Contesta Alex maliciosamente
O ruxido, ainda máis forte asustou a toda a clase, pero o tremor parou en seco.
Ao día seguinte , todos creran que fora un sono, pero ao ver as noticias todos comprobaron que non o fora.
Os catro falaron cun amigo montañeiro , e levounos ó cumio das montañas.
Arriba non se vía nadiña. Nica e Alex chamaron, chamaron e chamaron polos outros dous e non respondeu ninguén.
Nica e Alex viron catro ollos vermellos e acercáronse.
Eran Lois e Iván, cheos de pelo branco . Estaban hipnotizados, Nica deulles uns bofetóns e espertaron.
Fixeron outra expedición e viron unha sombra de máis de tres metros.
ERA O IETI!!!
Nica e Alex escaparon pero Lois e Ivan , xa que estaba cheos de pelo, o Ieti cría que eran amigos. Lois quitoulle unha estaca de madeira que tiña na perna que lle doía moito, e por iso ruxía. Así o Ieti deixouse ver e os que dicían que non existía estaban moi equivocados e os que crían nel, acertaron.


AS PLUMAS MÁXICAS DO PAVO REAL
                                     IRENE CARBALLO RODRÍGUEZ
Acercábase o 11 cumpreanos de Xoana, unha rapaza alta, lista, bastante forte e valente; e os seus pais levárona ao VigoZoo porque sabían que lle encantaban os animais.
Cando estaban no zoolóxico a Xoana chamoulle moitísimo a atención o cartel da gaiola do pavo real que dicía así:
AS PLUMAS DESTE PAVO REAL SON MÁXICAS, CADA PLUMA EQUIVALE A UN DESEXO”.
E tamén fixouse que o enreixado, estaba algo danado.
Cando ían no coche de volta á casa, Xoana decatouse de que había un animal cruzando a estrada e berroulle ao seu pai:
-Frea!!.
Baixou e axiña puido ver que era ...
-¡O pavo real das plumas máxicas! .
Xoana quería que fose a súa mascota e convenceu aos seus país dicíndolle:
-“É que e o meu cumpreanos …
Entón, subírono con eles.
Cando chegaron á casa, Xoana sentouse na finca xunto ao pavo real e quiso comprobar se o cartel dicía a verdade, así que pediu un desexo:
-“Desexo ter una piscina moi grande”.
Nese momento ao pavo real caéuselle unha pluma, e por arte de maxia apareceu unha piscina na metade da finca.
Xoana non se puido decatar de que a ave empequenecera porque saíu correndo a avisarlle aos seus pais. Éstes quedaron abraiados ao comprobar o marabilloso suceso, aínda que a nai advertiulle:
-Xoana, non malgastes os desexos, que se o pavo real se queda sen plumas, podería morrer.
Ao cabo dun mes, grazas as plumas máxicas do pavo, Xoana e os seus pais vivían nunha mansión cunha pista de tenis, dúas piscinas e un jacuzzi. Mentres os país disfrutaban dos agasallos, Xoana buscaba desesperada ao seu pavo, ata que pasadas 3 horas conseguiu atopalo. Tiña unha explicación, era do tamaño dunha formiga e iso só podía significar que, posiblemente, ela malgastara moitos desexos.
O pai suxeriulle que o levansen ao veterinario do zoo, e éste díxolles:
-Témome que non se pode facer nada, o pavo morrerá dentro de pouco tempo.
A nai engadiu:
-Xa cho advertín, Xoana. Malgastaches os desexos aínda que nos aproveitaramos deles.
Cando estaban a piques de abandoar a consulta, o veterinario decatouse de que á ave aínda lle quedaba unha mini-pluma, e dixo:
-Xoana, con esta pluma aínda podes pedir un último desexo, pero perderás o obtido cos anteriores.
Xoana non o pensou nin un segundo e berrou:
-Quero que o pavo volva ao seu estado inicial coas 100 plumas!!
O desexo cumpriuse. Deulle igual se perdía todas as cousas conseguidas coas plumas máxicas, porque para ela o máis importante era a súa mascota.

Recoñeceu que malgastara aqueles desexos e que nin sequera necesitaba o que pedira con eles.
¡Incrible!, ao chegar á casa aínda seguían tendo as piscinas, a pista de tenis, a mansión e jacuzzi, e Xoana comprendeu que a maxia déralle outra oportunidade.
Despois daquilo ,non volveu a desperdiciar os desexos.
Se eu fora Xoana, pediría que a toda xente do mundo lle encantara falar galego e que lera moitos libros na nosa lingua.

 
A RAÍÑA MARÍA
                                                     LAURA PIÑEIRO MARIÑO
A raíña María
dorme todo o día;
na súa cama douro
non deixa de roncar.

A raíña María
zámpase unha sandía;
pois é unha glotona
e non deixa de tragar.

A raíña María
vai á romería;
e co seu vestido novo
non deixa de fardar.

A raíña María
vai á panadaría;
e bolos de crema
non deixa de mercar.

A raíña María
vai ao parque polo día;
e na festa da noite
non deixa de bailar.

Non vos creades o que diga
nesta poesía;
só é unha poesía
sobre a raíña María.


TODOS PODEMOS
                                                          NICANOR CARRO AIRA

Isto é un neno de ollos azuis, cabelo rubio, alto, forte e listo. Ao neno chamado Daniel gustáballe moito ir ao colexio. Sempre que o colexio se acababa poñíase moi triste. El nada mais chegar á casa o primeiro que facía eran os deberes. El quería ser arquitecto. Pero como todo neno tiña un defecto. Non lle gustaba nada a ximnasia. Sempre a suspendía. Cando chegou á Universidade descubriu que si suspendía ximnasia non podía sacar a carreira. O seu mellor amigo Xavi e a súa mellor amiga Paula, fixeron un trato. Se el lles axudaba con matemáticas, eles axudábanlle coa ximnasia .
Despois dun mes os profesores reuníronse. O profesor de ximnasia dixo:
-Daniel mellorou moitísimo na ximnasia! vai a aprobar cun ben.
O profesor de matemáticas di
-Paula mellorou moitísimo, merece un ben
Alberto….(despois dun minuto de moita tensión) merecese aprobar. Raspadiño pero aproba cun 5’5.
Na cerimonia de diplomas da Universidade, os profesores deixaron a os alumnos dicir unas palabras.
Daniel dixo: Teño que decirlle grazas a Paula e Alberto,axudáronme en ximnasia
Paula e Alberto: Nos queremos darlle as grazas a Daniel axudounos en matemáticas
Todos quedaron contentísimos.


VERMELLA , PERO SEN LUNARES
                                                           ALEXIA ARES CHANG
Había unha vez , unha maruxiña , vermella . Chamábase Risiñas, pois sempre estaba a rir. Bueno , case sempre ría …… A única vez que non ríra, foi cando se mirou, unha vez , xa fai ,no lago. Ao ver o seu reflexo , ela encontrouse moi fea , pois Risiñas tiña un problema. Non tiña lunares nas súas ás!!!
Unha mañá de primavera , os pais de Risiñas , tomaron unha decisión:
-Risiñas , cariño ,o teu pai e máis eu tomamos unha decisión.
-Imos conseguir que teñas lunares.
Os pais intentaron, intentárono todo:
Ao principio pintáronlle uns lunares , pero cando empezou a chover , os lunares borráronse. Logo foron ós médicos e dixéronlles que non había solución que eles coñeceran.
Non sabían que máis facer ……
-Risiñas, vaste quedar sen lunares ……
Risiñas, subiu ao seu cuarto a pensar que podía facer. Ela non quería quedar sen lunares.
Despois de tanto pensar, observou o horizonte e viu unha casa . Era a casa onde xogaba de pequena e recollía botóns de cor negro para decorar o pobo en Xalloween …… Bingo! Se recollía botóns podería pegarsellos , con baba de caracol, e así ter lunares!!!
Risiñas non esperou máis e saíu do pobo en menos que canta un galo.
Cando chegou nada máis coller un botón, caeulle unha gota de chuvia nas súas ás. Agora non podía voar!
A dona da casa colleu a Risiñas e levouna para dentro da casa.
Unha vez alí, a dona viu que Risiñas non tiña lunares, así que, colleu un pincel e pintoulle uns cantos lunares. Despois púxolle un pouco de verniz , para que non se lle borraran.
Cando deixou de chover , a dona da casa abriu a ventá:
-Voa amiga , voa e sé feliz!
Risiñas volveu a xunto dos seus pais.
-Mamá , papá!
-Quén es ti?
-Son eu, Risiñas .
-Pero , Risiñas , -dixo a nai – como conseguiches os lunares?
-Non te recoñecíamos! – seguiu o pai .
-É unha larga historia ……
A partires dese día Risiñas sempre, pero sempre sorriu. Bueno …… menos cando unha vez … cando os seus amigos a levaron á piscina, pero, esa xa é outra historia.

As estacións de Nerea Caride Serra


Na primaveira
as flores florecen,
na pradeira.


No verán
os nenos,
nas piscinas se bañarán.


No outono
as follas secas están,
e castañas caerán.


No inverno
A bufanda sacarás
e coa neve xogarás.


Nas catro estacións
podemos facer,
diversas excursións.


Nas catro estacións
podemos facer ,
divertidas excursións.