REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






lunes, 30 de abril de 2012

OUTROS TEXTOS DO V CERTAME DO "VERMIÑO"


O IETI NA REALIDADE
                                                  LOIS SEIJO BARRIO

Un grupo de amigos vaise adentrar nunha aventura
Nunha clase, preto do Himalaia oíuse un ruxido moi forte e todo se puxo a tremer.
-Qué é iso ?-Di Nica
-Terremoto!!!-Grita Iván
-E o ruxido?-Pregunta Lois
-Sera o Ieti je, je, je!!! -Contesta Alex maliciosamente
O ruxido, ainda máis forte asustou a toda a clase, pero o tremor parou en seco.
Ao día seguinte , todos creran que fora un sono, pero ao ver as noticias todos comprobaron que non o fora.
Os catro falaron cun amigo montañeiro , e levounos ó cumio das montañas.
Arriba non se vía nadiña. Nica e Alex chamaron, chamaron e chamaron polos outros dous e non respondeu ninguén.
Nica e Alex viron catro ollos vermellos e acercáronse.
Eran Lois e Iván, cheos de pelo branco . Estaban hipnotizados, Nica deulles uns bofetóns e espertaron.
Fixeron outra expedición e viron unha sombra de máis de tres metros.
ERA O IETI!!!
Nica e Alex escaparon pero Lois e Ivan , xa que estaba cheos de pelo, o Ieti cría que eran amigos. Lois quitoulle unha estaca de madeira que tiña na perna que lle doía moito, e por iso ruxía. Así o Ieti deixouse ver e os que dicían que non existía estaban moi equivocados e os que crían nel, acertaron.


AS PLUMAS MÁXICAS DO PAVO REAL
                                     IRENE CARBALLO RODRÍGUEZ
Acercábase o 11 cumpreanos de Xoana, unha rapaza alta, lista, bastante forte e valente; e os seus pais levárona ao VigoZoo porque sabían que lle encantaban os animais.
Cando estaban no zoolóxico a Xoana chamoulle moitísimo a atención o cartel da gaiola do pavo real que dicía así:
AS PLUMAS DESTE PAVO REAL SON MÁXICAS, CADA PLUMA EQUIVALE A UN DESEXO”.
E tamén fixouse que o enreixado, estaba algo danado.
Cando ían no coche de volta á casa, Xoana decatouse de que había un animal cruzando a estrada e berroulle ao seu pai:
-Frea!!.
Baixou e axiña puido ver que era ...
-¡O pavo real das plumas máxicas! .
Xoana quería que fose a súa mascota e convenceu aos seus país dicíndolle:
-“É que e o meu cumpreanos …
Entón, subírono con eles.
Cando chegaron á casa, Xoana sentouse na finca xunto ao pavo real e quiso comprobar se o cartel dicía a verdade, así que pediu un desexo:
-“Desexo ter una piscina moi grande”.
Nese momento ao pavo real caéuselle unha pluma, e por arte de maxia apareceu unha piscina na metade da finca.
Xoana non se puido decatar de que a ave empequenecera porque saíu correndo a avisarlle aos seus pais. Éstes quedaron abraiados ao comprobar o marabilloso suceso, aínda que a nai advertiulle:
-Xoana, non malgastes os desexos, que se o pavo real se queda sen plumas, podería morrer.
Ao cabo dun mes, grazas as plumas máxicas do pavo, Xoana e os seus pais vivían nunha mansión cunha pista de tenis, dúas piscinas e un jacuzzi. Mentres os país disfrutaban dos agasallos, Xoana buscaba desesperada ao seu pavo, ata que pasadas 3 horas conseguiu atopalo. Tiña unha explicación, era do tamaño dunha formiga e iso só podía significar que, posiblemente, ela malgastara moitos desexos.
O pai suxeriulle que o levansen ao veterinario do zoo, e éste díxolles:
-Témome que non se pode facer nada, o pavo morrerá dentro de pouco tempo.
A nai engadiu:
-Xa cho advertín, Xoana. Malgastaches os desexos aínda que nos aproveitaramos deles.
Cando estaban a piques de abandoar a consulta, o veterinario decatouse de que á ave aínda lle quedaba unha mini-pluma, e dixo:
-Xoana, con esta pluma aínda podes pedir un último desexo, pero perderás o obtido cos anteriores.
Xoana non o pensou nin un segundo e berrou:
-Quero que o pavo volva ao seu estado inicial coas 100 plumas!!
O desexo cumpriuse. Deulle igual se perdía todas as cousas conseguidas coas plumas máxicas, porque para ela o máis importante era a súa mascota.

Recoñeceu que malgastara aqueles desexos e que nin sequera necesitaba o que pedira con eles.
¡Incrible!, ao chegar á casa aínda seguían tendo as piscinas, a pista de tenis, a mansión e jacuzzi, e Xoana comprendeu que a maxia déralle outra oportunidade.
Despois daquilo ,non volveu a desperdiciar os desexos.
Se eu fora Xoana, pediría que a toda xente do mundo lle encantara falar galego e que lera moitos libros na nosa lingua.

 
A RAÍÑA MARÍA
                                                     LAURA PIÑEIRO MARIÑO
A raíña María
dorme todo o día;
na súa cama douro
non deixa de roncar.

A raíña María
zámpase unha sandía;
pois é unha glotona
e non deixa de tragar.

A raíña María
vai á romería;
e co seu vestido novo
non deixa de fardar.

A raíña María
vai á panadaría;
e bolos de crema
non deixa de mercar.

A raíña María
vai ao parque polo día;
e na festa da noite
non deixa de bailar.

Non vos creades o que diga
nesta poesía;
só é unha poesía
sobre a raíña María.


TODOS PODEMOS
                                                          NICANOR CARRO AIRA

Isto é un neno de ollos azuis, cabelo rubio, alto, forte e listo. Ao neno chamado Daniel gustáballe moito ir ao colexio. Sempre que o colexio se acababa poñíase moi triste. El nada mais chegar á casa o primeiro que facía eran os deberes. El quería ser arquitecto. Pero como todo neno tiña un defecto. Non lle gustaba nada a ximnasia. Sempre a suspendía. Cando chegou á Universidade descubriu que si suspendía ximnasia non podía sacar a carreira. O seu mellor amigo Xavi e a súa mellor amiga Paula, fixeron un trato. Se el lles axudaba con matemáticas, eles axudábanlle coa ximnasia .
Despois dun mes os profesores reuníronse. O profesor de ximnasia dixo:
-Daniel mellorou moitísimo na ximnasia! vai a aprobar cun ben.
O profesor de matemáticas di
-Paula mellorou moitísimo, merece un ben
Alberto….(despois dun minuto de moita tensión) merecese aprobar. Raspadiño pero aproba cun 5’5.
Na cerimonia de diplomas da Universidade, os profesores deixaron a os alumnos dicir unas palabras.
Daniel dixo: Teño que decirlle grazas a Paula e Alberto,axudáronme en ximnasia
Paula e Alberto: Nos queremos darlle as grazas a Daniel axudounos en matemáticas
Todos quedaron contentísimos.


VERMELLA , PERO SEN LUNARES
                                                           ALEXIA ARES CHANG
Había unha vez , unha maruxiña , vermella . Chamábase Risiñas, pois sempre estaba a rir. Bueno , case sempre ría …… A única vez que non ríra, foi cando se mirou, unha vez , xa fai ,no lago. Ao ver o seu reflexo , ela encontrouse moi fea , pois Risiñas tiña un problema. Non tiña lunares nas súas ás!!!
Unha mañá de primavera , os pais de Risiñas , tomaron unha decisión:
-Risiñas , cariño ,o teu pai e máis eu tomamos unha decisión.
-Imos conseguir que teñas lunares.
Os pais intentaron, intentárono todo:
Ao principio pintáronlle uns lunares , pero cando empezou a chover , os lunares borráronse. Logo foron ós médicos e dixéronlles que non había solución que eles coñeceran.
Non sabían que máis facer ……
-Risiñas, vaste quedar sen lunares ……
Risiñas, subiu ao seu cuarto a pensar que podía facer. Ela non quería quedar sen lunares.
Despois de tanto pensar, observou o horizonte e viu unha casa . Era a casa onde xogaba de pequena e recollía botóns de cor negro para decorar o pobo en Xalloween …… Bingo! Se recollía botóns podería pegarsellos , con baba de caracol, e así ter lunares!!!
Risiñas non esperou máis e saíu do pobo en menos que canta un galo.
Cando chegou nada máis coller un botón, caeulle unha gota de chuvia nas súas ás. Agora non podía voar!
A dona da casa colleu a Risiñas e levouna para dentro da casa.
Unha vez alí, a dona viu que Risiñas non tiña lunares, así que, colleu un pincel e pintoulle uns cantos lunares. Despois púxolle un pouco de verniz , para que non se lle borraran.
Cando deixou de chover , a dona da casa abriu a ventá:
-Voa amiga , voa e sé feliz!
Risiñas volveu a xunto dos seus pais.
-Mamá , papá!
-Quén es ti?
-Son eu, Risiñas .
-Pero , Risiñas , -dixo a nai – como conseguiches os lunares?
-Non te recoñecíamos! – seguiu o pai .
-É unha larga historia ……
A partires dese día Risiñas sempre, pero sempre sorriu. Bueno …… menos cando unha vez … cando os seus amigos a levaron á piscina, pero, esa xa é outra historia.

As estacións de Nerea Caride Serra


Na primaveira
as flores florecen,
na pradeira.


No verán
os nenos,
nas piscinas se bañarán.


No outono
as follas secas están,
e castañas caerán.


No inverno
A bufanda sacarás
e coa neve xogarás.


Nas catro estacións
podemos facer,
diversas excursións.


Nas catro estacións
podemos facer ,
divertidas excursións.




miércoles, 18 de abril de 2012

AIDA FOI Á RECONQUISTA DE VIGO (28/MARZO)

Aida participou activamente na festa da Reconquista de Vigo.
Tivo que andar ás carreiras.

jueves, 12 de abril de 2012

DÍA MUNDIAL DA AUGA 22 - MARZO

A auga neste mundo
é o ben máis preciado,
se non queres que se acabe
terás que ter coidado.

                                                Laura



Rap da AUGA

Que é o que bebes?
Con que te limpas?
Con auga!
A que flipas!

O corpo ten moita auga
Así que bebe abondo
Pero non toques fondo.

Cando sucio estés
Pégate unha ducha,
Pero date presa
non te pases coa factura.

Un uso tes que facer
Todos cho van agradecer.

Non gastes moita auga
Cando andes coa mangueira
porque senón as prantas
afogarán á carreira.

Con esto aprenderás
A usar ben a auga
O consumo controlarás
Ou a pata meterás.

Auga ven, auga vai
E máis do necesario
Ti non gastarás
Para podela conservar.

                    Lois

miércoles, 11 de abril de 2012

O PALAMENTO, COMA A MIÑA CASA


O Parlamento é coma se fose a miña casa onde vivo, cos meus familiares.
Nel falan de como poden mellorar a nosa calidade de vida coma na miña casa.
Nel traballan os Deputados/as, os Ministros/as e o Presidente coma na oficina da miña nai.
Alí traballa moita xente coma no instituto da miña irmá.
No Parlamento cada catro anos vótase para un novo Presidente. Ese Presidente retírase e xa non traballa no goberno coma o meu pai que non traballa.
Por iso o Parlamento é coma unha casa para min porque é moi semellante a miña casa.

LORENA CASTRO