Pon froita na túa árbore de Nadal.
Nas comidas de Nadal as froitas sonche un postre ideal.
Forte estarás se as comes
Rápido nunca as debes tomar,
O mellor é saborear.
Isto ben certo é.
Todos, todos os días
As froitas e verduras
Sempre, sempre tomarás.
Laura
Había unha vez un neno que se chamaba Roberto. Roberto é alto e esbelto. Ten marxas na cara, marróns.Ten os ollos azuis e o pelo negro.
Acabábase de mudar a Vigo dende Madrid. Chegou ao C.E.I.P. Illas Cíes e non tiña amigos. El ía en 5º de primaria.
Ao día seguinte xa tiña uns cantos amigos. Chamábanse Iván, Lois, Sara, Lorena e Alexis.
Á semana seguinte era o neno máis popular do colexio, pero os seus pais non lle gustaba que fora o neno máis popular, porque quitaba moi malas notas nas asignaturas.
Entón os seus amigos enteráronse e planearon un plan. Sara dixo:
-Por que non lle axudamos nós?
Os nenos pensaron e dixeron á vez:
-Vale!
-Eu axudareino en mates - di Lorena.
-Eu en coñe - di Alexis.
-Eu en galego - di Lois.
-Eu en castelá - di Iván.
-E eu en inglés - di Sara.
Comezan a facer o plan e sáelles ben.
Agora, Roberto é un bo estudante, tira boas notas e pásao moi ben no colexio.
LORENA