REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






miércoles, 12 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS


A NOSA LETANÍA


Na terra galega vivo eu,
son galego.
Síntome libre, son galego.

Penso no futuro,
un futuro feliz.
Son galego, un galego feliz.

Terra galega
de historia chea.
Chea de tradicións.
Terra mariñeira
a da nosa Galicia.
Terra de tranquilidade
a da nosa Galicia.
Terra verde
a da nosa Galicia.
Terra , terriña,
terriña nosa.
As nosas festas,
terra, terriña.

As Illas Cíes
bañándose no Atlántico,
con fermosas praias,
praias de branca area.
Terra terriña,
terriña nosa.

Amo a Galicia,
á Galicia do saber,
á Galicia do aprender.
Son galego de corazón,
Galicia multicultural,
de esa Galicia eu son.

En galego pensamos … pensamos.
En galego vivimos … vivimos.
En galego traballamos … traballamos.
En galego xogamos … xogamos.
En galego cantamos … cantamos.
En galego estudamos … estudamos.
En galego bailamos … bailamos.
En galego falamos … falamos.

En galicia estamos,
en galego falamos.
Terra, terriña,terriña nosa.
Terra, terriña,terriña nosa.