"Aprendín cousas doutras épocas co percorrido histórico que resultou moi divertido". Roberto Vázquez.
"Gustoume especialmente cando o actor nos contou como facía os distintos personaxes". Iván López.
"Paseino moi ben cando o protagonista disparou auga ao público ainda que a min non me mollou. O actor pareceume moi listo porque facía moitas cousas". Antón Rajoy.
"Impresionoume a cantidade de disfraces que se poñía para transformarse nos distintos personaxes e explicounos como facía o seu traballo". Darío Fernández.
"Aprendín algo da historia. O actor facíao moi ben". Nuria Castro.
"´Paréceme educativa e divertida. O que máis me gustou foi a Revolución francesa". Alejandro Sabido.