MANOLIÑO, O PORQUIÑO
Manoliño é un
porquiño moi menudiño, de pelo branco con manchas negras. Ten as patiñas
gordiñas e as pezoñas afiadas. Os ollos grandes e de cor azul coma un planeta,
leva as gafas redondas.
O seu rabo pequeno
, ten un poder!! : saltar máis alto que unha persoa e correr máis rápido ca un
guepardo.
As súas enormes orellas
escoitan todo do arredor. É comilón e gústanlle os doces. É un valente e a
inseguridade quédalle tres tallas grandes.
Vive nunha granxa e
os donos nunha casa de pedra moi grande.
Máis valente, Manoliño!!!
Un día, o porquiño Manoliño viu que o
granxeiro ía cara el cunha hacha na man disposto a matalo para comelo .
-Ven aquí porco!!- dixo o granxeiro.
-Axuda, axuda!- berrou Manoliño.
Manoliño saíu correndo rumbo á montaña. Alí,
viuse a si mesmo e pensou que el era comida para humanos. Reuniuse con outros
animais de granxa e cun galo francés.
O galo francés empezou a dirixir a revolución
ante os humanos.
-Veña, a por eles!- dixo Manoliño
-Viva a liberdade!- dixo o galo con seu acento
francés.
Foron todos e dispersáronse polas granxas
galegas. Cada vez eran máis en número, e tamén eran máis felices.
Así os animais non foron castigados xamais.
Cando Manoliño morreu, anos máis tarde fixéronlle unha estatua a el e aos seus
aliados. O que nunca chegaron a pensar é que serían recoñecidos mundialmente,
como “Os valentes”.
A porteira máis lisa da historia
“Unha
porteira mona pero forte”
Onte o Celta presentou o seu novo fichaxe:
A Mona Lisa. Naceu en Italia, no século XVI. É modelo, pero o seu sono
sempre foi xogar no Celta de Vigo.
O seu pai chamábase Leonardo Da Vinci e a súa nai era un pincel, pero
morreu cando Da Vinci se sentou enriba dela. Mide 1,80 m e pesa 60
kg. Esta valorada en 25.000.000 de euros.
Ten os ollos marróns e o pelo longo, negro e liso. Ten unha boca
pequena e un nariz pequeno. O seu corpo sempre foi una misterio xa que ninguén
o viu porque sempre o leva tapado. É pálida e reside en París, no museo de
Louvre.
O celta fichouna porque namorou a todos coa súa mirada.
A Mona aínda máis
mona
Rematando a segunda
tempada no Celta, Mona Lisa empezouse a aburrir do seu vestiario, so azul e
negro.
A Mona notábaselle que
non xogaba igual que antes, os xogadores preguntábanse que lle estaba a pasar.
Mona estaba apagada e tíñalle que pór Algún remedio a esa situación, entón como
es cambios os fainos o presidente, dirixiuse ata el:
-presidente, temos
que cambiar color do vestiario.
- Non, nunca!
Lisa foise, entón
foi falar co adestrador. A este tampouco lle convenceu a idea entón so lle
quedaba ir falar cos xogadores, estes si que estaban convencidos. Agora tocáballes
convencer ao adestrador e despois ao presidente.
Días despois, Mona
podía cambiar o que quixera no vestiario, entón o fixo rosa, azul e rosa.así
Mona estaba contenta e xogaba coma antes.
O primeiro partido
de Lisa
Mona Lisa, sendo a
porteira titular do Celta de Vigo, xogou o seu primeiror partido contra o
Elche. Mona non tivo oportunidades para lucirse entón no segundo partido que
foi co Atlético de Madrid, nese partido Mona tivo moitas oportunidades para
parar goles entón non se podía lucir. O Celta ia de mal en peor, sempre
quedaban 0-0 así que o Real Madrid fichouna por 50000000 euros xa que Casillas
rompeuse o fémur, e xa non pode xogar mais. A Mona Lisa era a mellor porteira
en séculos, xa que paraba pouco pero con unha elegancia que so tiña ela. Mona
tivo unha tempada brillante pero cando empezou a segunda xornada Lisa perdeu
forma e volveu a fichala o Celta so por dez millóns de euros.
PARTIDO RADIADO
Bos días, telespectadores. Chega o día que todos estabamos esperando, o día do
partido do Celta V.S. Depor,pero algo máis, a nova porteira do Celta, a
Mona Lisa, da boas esperanzas.
Chegou o momento da verdade e... comeza o partido; Nolito pásalla a Orellana,
Orellana chuta, da nun pau , da no outro e así consecutivamente, parece que
isto non vai rematar nunca... "pirripipipi", chegou o descanso.
Comeza o partido, Nolito pásalla a Mona Lisa, a Mona Lisa chuta, o estadio fai
a ola e... Au, au, au¡ Corte o micrófono, me deume na linglua, gla se cle
estlo el imploltlantle pelo eu dlimlitlo...
Ola, tivemos un percance pero xa temos o novo comentador, desculpen as
molestias.
Atravesa a cabina, rebota contra a parade, contra o neno recolle pelotas,
contra unha pomba e... gol, go, go, go, go, gol, gol do Celta de Vigo pola Mona
Lisa."Pirripipi", rematou, que "bo" partido. Gañou o Celta
0 2. O gol máis liso da historia.
A
CREMA EMBRUXADORA
Ao rematar o partido a Mona Lisa foi rumbo o Louvre, no aeroporto unha vella
cunha capa negra que parecía a mala da Brancaneves levaba un bote de crema
nunha man e na outra man suxeitaba o bastón para non caer. A vella
deulle o bote de crema e díxolle que con el gañaría todos os partido a súa cara
seria aínda mellor. Ela aceptouna. Xa no Louvre Lisa botouse a crema por toda a
cara e desmaiouse caendo o chan. O bote de crema derramouse todo. Á mañá
seguinte sete botes de óleo rodeábana, levantouse, mirouse no espello e ... envellecera,
a súa cara tiña máis enrugas cunha uva pasa. En Vigo Lisa adestraba co
Celta e non lle daba nin á pelota. Botárona porque xa pasaba da idade e tiña os
pelos coma un estropallo e... Todo era un sono, xa nunca aceptaba unha crema
nin tampouco as mercaba. Nin miraba as ofertas de calquera tipo de crema, de
patacas, de sol, de cenorias, ningunha...
Decidiu ser máis natural e adestrar máis co Celta.
O DRAGÓN RAMÓN
O Dragón Ramón era un dragón especial porque
non tiña ás.
Tiña as escamas de cor laranxa. Era vexetariano.
Encantáballe calcetar roupa para os animais do bosque.
Non lle gustaba non teñer ás .
Vive nunha cova detrás dunha cascada.Tiña catorce irmáns e todos tiñan ás.
Os seus pais chamábanse Raio, a nai, e Trono, o pai.
ANTES DE VIVIR NA CASCADA
Unha noite calquera o bosque onde vivía a familia do
Dragón Ramón empezou a arder.
Foron a outro bosque pero empezou de novo a arder,
porque outro dragón vingouse deles ( a
familia excepto Ramón.)
E así un bo tempo hasta que non quedou ningún bosque e
morrerían de fame porque non quedaban plantas e animais.
Un día estaban escapando dun dragón pero non tiñan
ningún lugar para esconderse así que Ramón dixo :
-Atravesar a cascada, e o único que podemos facer.
E se meteron dentro e resulta que había unha cova
xigante.
-Aquí sobreviviremos porque hai peixes que caen da
cascada - dixo Ramón.
E así foi como sobreviviron moitos anos.
O DRAGÓN RAMÓN CONTRA OS SEUS PAIS
Os pais de Ramón eran os máis temerosos do
bosque, e querían que os seus fillos tamén o foran. O malo era que tiñan un
dragonciño que, aínda que non tiña ás, arreglabla todos os desastres que facía
a súa familia: Se a súa nai Raio queimaba o bosque Ramón facía que a catarata
parara o lume; se o seu pai Trono destrozaba as casas dos animais, Ramón lle
encontraba outra casa.
Un bo día, Ramón levantouse contento, e viu unhas latas nas que poñía
"cocacola" e reciclounas. Aínda que pareza raro, a súa familia
axudouno e aínda que seguen comportándose como
sempre, reciclan xuntos todas as latas que atopan na contorna.
NATALIA
Natalia é unha
nena de 9 anos, morena, mide 1,30 m, ten os ollos verdes e cumpre o 19 de
agosto.
Natalia é
bastante tímida e medosa, sempre leva a roupa que
á súa nai que lle quedaba pequena.
Non ten moitos
amigos , pero é unha nena feliz. Ten un irmán chamado Lucas que sempre vai con
ela.
A Natalia educárona na casa e por iso non ten
moitos amigos.
Encántalle ir
ao parque e se chove quede na casa a debuxar.
Ás veces é un
pouco contéstoa e a súa nai e mailo seu pai castígana.
O maior secreto
dela é un diario que ten debaixo de súa cama no que conta todo o que lle pasa.
NATALIA E A SÚA NOVA COMPAÑEIRA
Un día pola noite, Natalia escribiu no seu
diario:
“Para mañá desexaría unha nova compañeira á
que lle caia ben e sexamos as mellores amigas do mundo”.
Ao día seguinte cando Natalia foi á clase a
profesora díxolles aos seus alumnos:
-Hoxe nenos, quérovos presentar á vosa nova
compañeira, chamase Marisa e ven de París (Francia).
de París (Francia).
-Ola, eu chámome Marisa e teño oito anos, gústanme
os xogos de mesa e non me gusta o brócoli. Vin aquí a facer amig@s e tamén a estudar para aprobar todas e ter un futuro mellor -dixo Marisa.
A profesora puxo a Marisa xunto a Natalia.
Despois Natalia, no recreo,empezou a falar con
ela todos os días, semanas, meses, anos que estiveron no colexio xuntas hasta que remataron en 6º de
primaria porque as dúas amigas tiveron que ir a distintos institutos.