REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






lunes, 19 de marzo de 2012

SEMANA DA PRENSA: O XORNAL DE CADA DÍA.


O XORNAL DE CADA DÍA de Lorena

Todos os días o xornal levántase, ponse o seu traxe e vai desaiunar. No desaiuno toma moitas vitaminas. Lávase os dentes cunha pasta que ole a tinta.
Vai ao traballo é alí encontra boas ideas que logo escribe e imprime, así xa están listos os xornais.
Vaise para a casa é come unha boa sopa de letras. De postre un café de tinta.
Pola tarde a durmir e mentras durme xa se ocorren ideas. Vaise durmir e para o día seguinte vólvese a levantar completamente en branco.

O XORNAL DE CADA DÍA de David

H        Había unha vez un xornal que cada día facía o
          mesmo  e nunca se aburría.
Cada dia levántase algo pasado [posto que ten as noticias do día anterior]
Dúchase e convértese nun xornal branco.
Logo desaiuna letras e imaxes en branco e negro que se organizan no interior e xa ten as noticías do día.
Logo vai ao baño e solta as letras sobrantes.
Limpa o traxe que ten no armario e colle un sprai que lle da cor ás noticias, pono e xa ten noticias en cor.
Logo vai traballar:
-Primeiro, fotocópiase.
-Segundo,vixía que a prensa non se atasque.
-Terceiro, coida que todos os xornais sexan de boa calidade.
-Cuarto, fai copias para sustituir os xornais malos.
-Quinto, revisa a lista de persoas e monta os xornais na bici.
-Sexto, repárteos.
E logo vaise á casa a descansar,é un gran xornal.


O    O XORNAL DE CADA DÍA de Lois

O xornal durme na prensa e cada día aparece con cousas novas escritas nel.Cada día o xornal espertase con aire de frescura.

Cando vai á clase, o xornal contalle a todos os demais o que lle poñen de traxe cada día, é dicir, as noticias.

Cando chega a súa casa comese unha sopa de letras, e de postre un encrucillado.

Pola tarde xoga cos seus amigos Tesoiras e Pedra, e xogan apedra, papel, tesoirase tamen xoga coas persoas , é dicir facendo pliegues pode ser un avión de papel e cando se cansa vai durmir a prensa e a comezar outro día



O XORNAL DE CADA DÍA de Nica

Eu o que quero é que o xornal teña vida. Anque agora que o penso é coma si tivera vida.Porque?

Come, si que come. Come letras. Observa todas as noticias polo tanto entérase de todo. Fala con nós. Cóntanos todo o que pasa. Escoita? Claro que si!!

Se non non nos podia contar o que escoitaba. Pode traballar?
Claro que si, seguro que sería un bo xornalista. E o maís importante. Axúdanos a aprender. Sen el para enterarnos das noticias teriamos que ver as noticias pola tele. Que aburrido!! O que máis gusta é ver o que nos interesa. Así non hai que esperar moito rato para ver a noticia que nos interesa.

E aparte podes entrenar ou aprender a ler. Non se lle pode pedir nada máis, o xornal de cada día é o mellor do mundo


O XORNAL DE CADA DÍA de Laura

Todos os días nace un novo xornal fresco e xenial, feito con mimo para gustar. Gusta contando as novas, gusta facendo pensar, gusta ensinando...

Cando pasa un día, o xornal morre para dar paso a outro xornal, que nacerá fresco e con enerxías para gustar. E así, cada día temos un novo xornal para disfrutar.


O XORNAL DE CADA DÍA de Antía

Todos os días pola mañá, o noso amigo o xornal sae deretiño á imprenta, onde se reune cun xornalista, que, cada día vai á rúa, tamén chamadoo super dos noticiondespois redáctaas e o xornal cómeas.

Todos os mércores o xornal dusaiuna un apartado chamadoA voz da escola. Cando xa está listo, o xornalista leva o xornal os quioscos, cafeterías...

¡E VOLTA A EMPEZAR!


O XORNAL DE CADA DÍA de Bazarra

O Xornal ten os cinco sentidos:
O oído, porque oe as grandes aventuras ,que, están escritas nel e que escribiron os seus pais, os xornalistas.
A vista, porque ve como nos emocionamos coas súas historias sexan tristes ou divertidas, apasionantes  ou que nos enchan de mal humor.
O tacto, porque sente como pasamos as páxinas bruscamenta para ver as noticias que máis nos gustan.
O olfacto, porque cheiran a nosa intriga por saber o que hai dentro del.
O gusto, porque el saborea as noticias que ten dentro.
Eles,os xornais teñen un día de vida, entón disfrútano mogollón.
Así, podemos afirmar que non os seres vivos teñen vida; eles, os xornais tamén a teñen.


O XORNAL DE CADA DÍA de Iván D.

O señor xornal é un periodista boísimo, cada día o xornal levántase moi temprano e vai buscar informacion. Cando a encontra, escríbea nunha folla e lévaa ata unha maquina. Cando mete a información, el metese na máquina e saen miles de copias del coa información. Unha vez listos bótanse un perfume con olor a tinta, póñense por grupos e póñense un cinturon de cinta.
Logo chaman ao repartidor e... AH! Non creades que os reparte el NON, NON, el só os mete nunha máquina e esa máquina lévaos disparados a moitos lugares.
Bueno e ista é a traxectoria que realiza un xornal anque a súa vida é moi curta, o máximo que pode durar é un día. Se a nosa vida fora así non viviriamos nada, non?


O XORNAL DE CADA DÍA de Anna

O xornal é coma un libro aberto porque nos conta a maioría das noticias que pasan non mundo. Aos xornalistas cústalles moito traballo conseguir as noticias. Algunhas veces teñen que percorrer moitas distancias ata chegar ás noticias para que a xente poida disfrutar coa súa lectura.
O xornal é importante e saudable coma a verdura, as froitas, a leituga... xa que nos alimenta coas noticias de cada día